try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Polos Creativos

INICIO DA RODAXE EN 6º

Ola, familias!

Despois dun trimestre de duro traballo para os de : recompilar material, preparar storyboards e moito escribir e pensar...Por fin chegou o momento máis desexado: a rodaxe.

Aínda non vos podemos contar moito, porque é un pouco segredo. Pero hoxe en Polos Creativos respirouse ilusión, motivación e ganas! Neste ambiente o resultado está case garantido!

OBRADOIRO DE XADREZ

 O xadrez é unha disciplina que activa o pensamento matemático, a lóxica, a anticipación, a percepción espacial, a concentración e a memoria entre outras cousas. De novo, un ano máis tivemos o pracer de contar con Brais e o Clube de Xadrez de Mos. Ao longo dun mes fixo que os nenos e nenas lembrasen o aprendido o ano anterior, aprendesen novas xogadas e estratexias, disfrutasen e agardasen con ansia a seguinte sesión. Mil grazas Brais. Vémonos o vindeiro ano.

VOLVEN OS BOOKTUBERS!

Tepo e Tepa esperan de novo as vosas fantásticas recomendacións.

Esperamos moitos vídeos!

6º DE PRIMARIA NA REBORRADIO

Os nosos locutores e locutoras de 6º de primaria radiáronnos un programa interesantísimo onde, entre outros temas, falaron sobre o día da Paz, data que temos presente todos os días do ano.

Seguimos traballando os ODS, neste caso o ODS 16: sobre a Paz, xustiza e institucións sólidas.

Pinchade na imaxe para escoitar a nova emisión de Reborradio.

 

XORNADAS DE FORMACIÓN DIXITAL PARA AS FAMILIAS

Ola familias!

Continuamos coa formación ás familias dentro do Plan Dixital do centro. Será en marzo e haberá servizo de atención aos nen@s durante os cursos. Non é necesario ter coñecementos de informática. Animádevos anotándovos no whatsapp do cole.

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!

 Ola familias! 

De novo, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras

As mochilas irán de casa en casa con lecturas para ser compartidas en familia.

Poderedes telas en casa durante unha semana, e despois voltarán ao cole para contarnos que tal foi todo. 

No caderno viaxeiro compartide as vosas vivencias e anécdotas, facede debuxos ou pegade fotos.

Lembrade que é importante a puntualidade. Así todas as familias poderán gozar coa mochila.

Contén tamén unha enquisa onde poderedes aportar todas as ideas que axuden a mellorar esta iniciativa.

Esperamos a vosa colaboración con moita ilusión.

 

Boas lecturas, familias!

 

 

REBORDÁNS, CÁMARAS... E ACCIÓN!

E por fin chegou o día!

Despois de superar os retos do día das bibliotecas, tocaba gozar da nosa recompensa... o visionado de dúas estupendas películas: El monstruo de colores e Super 8.

Deste xeito iniciamos o noso proxecto: Rebordáns, cámaras... e acción!

Nos Multicines Norte explicáronnos con todo detalle o funcionamento dunha sala de cine, vimos as películas e comemos flocos de millo.

Pasámolo xenial!

MAXIA NA BIBLIOTECA POLO NADAL!

Tepo e Tepa teñen unha última sorpresa para rematar este primeiro trimestre.

Alumnado e profesorado gozamos co espectáculo de Maxia na manga na biblioteca

 

A ilusión destes días comeza a encher todo o noso cole!

SAÍDA AO CINE

E nesta semana tan de "ponte", nada mellor que acabar a semana cunha saída ao cine en Vigo. Atentos á cartelera!

P.D Mochila pequena con mascarilla, bocata e auga. Dos flocos de millo encargámonos nós.

 

Distribuir contido