Mochilas viaxeiras

AS MOCHILAS COMEZAN A SÚA ANDAINA!

ESTADES PREPARADOS E PREPARADAS?

     O PASADO VENRES, DÍA 5 PUXÉRONSE EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS NO NOSO COLE. VAN CARGADIÑAS DE AUDIOVISUAIS E LIBROS DE TODO TIPO, ASÍ PODEREDES OLLEAR UN POUCO DE TODO E ESCOLLER O QUE MÁIS VOS INTERESE: AVENTURAS, POESÍAS, BANDA DESEÑADA, MANUALIDADES...

A VER SE VOS GUSTA!

     LEMBRADE COIDALAS E MIMALAS, SON TESOUROS QUE EU, TEPO, VOS PRESTO CON TODO O MEU CARIÑO.

     A DISFRUTAR!

 

       Alumnado coas mochilas viaxeiras.

 

                                                                                    TEPO

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

O pasado venres comezou unha nova andaina das mochilas viaxeiras. Estas pretenden achegar ás  vosas casas un anaquiño da nosa biblioteca. Ademais constitúen un bo  motivo  para disfrutar e compartir de fantásticos momentos de lecer coa familia.

          Aquí tedes xa dispostos aos catro  primeiros mochileiros para iniciar unha nova viaxe.

 

                                              

 

Distribuir contido