try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Plan Dixital

XORNADAS DE FORMACIÓN DIXITAL PARA AS FAMILIAS

Ola familias!

Continuamos coa formación ás familias dentro do Plan Dixital do centro. Será en marzo e haberá servizo de atención aos nen@s durante os cursos. Non é necesario ter coñecementos de informática. Animádevos anotándovos no whatsapp do cole.

QUE É ISO DOS POLOS CREATIVOS?

Comezamos as sesións de Polos Creativos facéndonos preguntas. Como non pode ser doutro xeito.

As respostas foron do máis variopintas: que si íamos comer polos de xeados, que si íamos falar dos polos animais, que si tiña que ver co Polo Norte e Sur ou si tiña que ver cos polos das pilas.

O da creatividade tivéronno máis claro: crear cousas, imaxinar, facer manualidades...

Entón propúxenlle unha adiviña cun ACRÓNIMO en inglés: STEAM  e o resultado foi didáctico e divertido! Traballaremos ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas, misturando coñecemento e creatividade.

Teño que dicir que o alumnado está moi motivado cos Polos Creativos e a participación da maioría e o entusiasmo fai que as sesións sexan xeniais.

E para mostra...estas imaxes:

 CONTINUARÁ...

MELLOR COMEZO...IMPOSIBLE! FORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Como xa sabedes o centro foi seleccionado pola Consellería de Educación para participar no Proxecto de Polos Creativos. Isto suporá unha mellora nas instalacións do centro e por suposto na dotación de material dixital e tecnolóxico para o alumnado e a súa formación.

 

Dentro do proxecto presentado polo centro, inclúense unha serie de sesións que están destinadas ás familias. O pasado martes celebrouse a primeira.

Contamos cunha primeira parte, na que se falou da aplicación Abalar  e o seu funcionamento. Fou unha charla curta e sinxela onde as familias puideron resolver as súas dúbidas sobre enviar e recibir mensaxes, mirar as notas, xustificar as faltas ou pedir unha titoría.

A segunda parte da formación foi impartida polo asesor de AMTEGA, "Harold" no que nos dou a coñecer o formato de ensino E-Dixgal e o seu funcionamento.

Unha xornada agradable de información, charla e resolución de dúbidas.

CONTINUARÁ...

Distribuir contido