try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

blogue de_tepo

Bibliotecas de aula

Iniciamos un novo curso e con el unha chea de aventuras , misterios , fábulas, adiviñas ...chegan ás aulas dende a Biblioteca .

O alumnado de Primeiro xa está a ler os libros que pode escoller na ...

 

  

                                                    BIBLIOTECA   DE     AULA .

 

 

Recomendacións para o verán

O verán é unha época para xogar ao aire libre, estar cos amigos e amigas,viaxar, ir á praia... pero tamén podedes aproveitar estes meses de verán para   repasar  o  aprendido e reforzar os  hábitos adquiridos durante o curso,  seguindo estas recomendacións: 

   Organiza o traballo e programa  o teu tempo. 

   Realiza as actividades de repaso á mesma hora e mesmo lugar. 

   Dedica diariamente un tempo á lectura. 

 

 

                       BO  VERÁN E... ATA SETEMBRO!!!

 

 

Ledicia Costas , premio Merlín de Literatura Infantil 2014

Por unanimidade resultou gañadora do premio Merlín de Literatura Infantil a novela "Escarlatina. A cociñeira defunta " de Ledicia Costas, unha autora que ten recente aínda a publicación neste mesmo ano de Recinto Gris (Xerais) e conseguiu con O corazón e Xúpiter (Xerais, 2012) o premio Neira Vilas e o da AELG ao mellor libro infantil e xuvenil.

"A acertada elección de ingredientes, o emprego dos utensilios axeitados e a destreza no modo de preparación complétanse cun enfornado extraordinario, que é conseguido a través da magnífica recreación dese Inframundo, no que Escarlatina e Román, que sente auténtica devoción pola cociña, procuran un manxar que guste a vivos e mortos para alcanzaren os seus propósitos”, sentenciou o xurado nunha novela que, de volta, define como “delicia literaria”.

 

,        

                                                                       Ledicia Costas

 

Quino , o creador de Mafalda, premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades

O humorista gráfico arxentino Joaquín Salvador Lavado, 'Quino' ,  foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.

O xurado valorou o enorme valor educativo da obra deste debuxante arxentino, destacando a súa habilidade para " combinar con sabiduría a simplicidade no trazo do debuxo coa profundidade de pensamento ".

O galardón coincide co 50 aniversario do nacemento de "Mafalda ", unha nena que percibe a complexidade do mundo , preocupada pola paz mundial e que odia a sopa.

 

                                        Mafalda e o seu "pai " Quino.

                                   

 

 

"Cocorico" chega á TVG2

As aventuras do simpático Cocorico , da súa nai e do malvado Gato Pelado poderán seguirse na TVG2 dentro do espazo Xabarín Club.Os  capítulos, de trece minutos de duración ,terán como referencia a popular obra da editorial pontevedresa OQO.

A partires dun conto popular birmano,  Marisa Nuñez elabora unha historia de tres personaxes dirixida aos máis pequenos, que fala de sentimentos tan universais como a amizade ou o amor.

Con este vídeo poderás aprender a canción de Cocorico.

 

23 de abril, Día do Libro

  

 Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia. 

Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro " As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) .

Falece Gabriel García Márquez

O premio Nobel de Literatura, Gabriel García Márquez , falece aos 87 anos de idade en México DF, onde vivía dende fai anos.

García Márquez , nado en Aracataca ( Colombia ) no  ano 1927, foi criado nos seus primeiros anos polos seus avós,un coronel retirado e unha  muller moi imaxinativa, que determinaron o seu característico estilo literario.

No 1955 publica a súa primeira novela " La hojarasca", no ano 1967 publica " Cien años de soledad" a súa obra máis universal.

Gabo ,como era coñecido García Márquez, é considerado o máximo representante do realismo máxico.

Outras obras do autor son: "El amor en los tiempos del cólera", " Retrato de un naúfrago" ou " "Crónica de una muerte anunciada"

 

Lectores en "tránsito"

Onde  están lendo estes alumnos e alumnas de 5º ? .

Pois si, no transporte escolar.

Unha  imaxe vale máis que mil palabras.

V TUI LE

Co gallo da celebración do Día Internacional do libro Infantil , o alumnado de 2º e 5º de EP desplazouse ata Tui para compartir lecturas, recitais, música , danza e dramatización con outros centros do municipio.

O claustro gótico da catedral de Tui acolleu esta " marea lectora " da V edición de Tui Le.

                              

                                 O alumnado de 5º  actúa para o resto de participantes.

A xornada rematou cun Intercambio de libros entre todo o alumnado participante.

 

Distribuir contido