try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

blogue de_tepo

Recoñecemento aos axudantes de biblioteca

Ao longo de todo o curso , e de forma voluntaria, alumnado do 3º ciclo colabora no recreo nas tarefas de biblioteca: emprestitos, orden ...e nalgúns casos recomendando lecturas aos seus compañeiros e compañeiras.

 

Ana  e  Alexia realizando o seu traballo como "axudantes" de biblioteca.

 

Día Internacional do libro infantil

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, se celebra o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

 

 

Día da poesía , 21 de marzo

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o  Día Mundial da Poesía e  invitanos  a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética.

                                              

Nesta imaxe aparecen algúns importantes poetas , tenta averiguar "quen é quen".

 

Pedro Salinas, Jorge Guillén, Gerardo Diego, Dámaso Alonso, Federico García Lorca, Vicente Aleixandre, Luis Cernuda, Rafael Alberti, Emilio Prados y Manuel Altolaguirre. 

 

Delibes, caricaturista.

Miguel Delibes (Valladolid, 1920-2010), un dos grandes novelistas españois da segunda metade do século XX, cultivou nos seus comenzos a labor de debuxante no xornal 'El Norte de Castilla'.

Un libro reune por primeira vez as caricaturas publicadas polo novelista

 

 Serías quen de adiviñar quen é este premio nobel galego?

 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

8 de marzo,Día Internacional da Muller,unha das datas claves para avanzar na educación para a igualdade.

Dende a biblioteca recomendamos estas lecturas que axudan a romper ,dende idades temperás, con estereotipos sexistas.

  

     

     

 

DA CIENCIA Á FICCIÓN

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle , ata o 28 de marzo ,unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil - Da Ciencia á Ficción. Este ano o salón alcanza xa  a súa decimosexta edición e a cita conta como en anos anteriores con propostas para o público en xeral. 

Máis de trescentas actividades que dende a ciencia e a ciencia- ficción invitan á lectura.

Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2014 - 15

Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.

Como centro intregrado neste programa, representantes do profesorado asistirán a estes Encontros.

 

24 de Febreiro , Día de Rosalía

                           

    

 

 

   O alumnado celebra o 24 de febreiro , recitando 

  e  ilustrando fragmentos de " Cantares Gallegos" .

 

Quilómetros de Solidariedade

Chega o 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e non Violencia, e con  este motivo imos realizar as seguintes actividades:

              O grupo " Juan XXIII" representará unha obra teatral.

              Van Gogh é o artista que imos traballar en "CompARTE  a PAZ".

               O alumnado repartirá "Caramelos Solidarios".

               Carreira " Quilómetros de Solidariedade" por Mali.

Na biblioteca podes coñecer a Van Gogh...

         

 

 

Ou consultar un atlas para buscar información sobre Mali.               

 

         

Sementando libros

Nos vindeiros días unha comisión formada por alumnado de 4º, 5º e 6º  presentará , ao resto de alumnos e alumnas do centro, as actividades que van realizar dentro do proxecto VOZ NATURA.

Na biblioteca podemos consultar unha serie de obras relacionadas...

           

SEMENTA IDEAS, RECOLLE FUTURO

 

 

Distribuir contido