Marela quedou moi contenta coa sesión que fixo o venres de Educación Física e hoxe foise a apuntar ao ximnasio para poder realizar varias sesións semanais. Deixounos aquí a clase que fixo hoxe.
Agora... tócanos traballar a nós!!!
Marela quedou moi contenta coa sesión que fixo o venres de Educación Física e hoxe foise a apuntar ao ximnasio para poder realizar varias sesións semanais. Deixounos aquí a clase que fixo hoxe.
Agora... tócanos traballar a nós!!!
Marela, xa se lembra dos ósos e dos músculos e os seus movementos, pero quere poñernos a proba e descubrir canto sabemos e... deixounos este xogo!!!
Para comprobar o que sabes ti, clica na imaxe. Unha vez premes na frecha, para cada letra do rosco tes que clicar en PASAPALABRA , escribir o que che preguntan e logo comprobar.
ÁNIMOOO E SORTEEEEEE....!!!
Arribaaaaa........Marela está esperándovos para facer un pouco de exercicio físico e como ademáis quere practicar inglés, falou coa mestra e co mestre de inglés, Tareixa e Lois, eapuntouse a unha clase de physical education.
READY, SET, GO...
É importante que cada día lle adiquemos 30 minutos ao exercicio físico.
ÁNIMOOOOOOO, ESTÁDELO FACENDO MOOOOI BEN...!!!
ATENCIÓN, ATENCIÓN........ Marela súmase ao reto do Ceip Maestra Ángeles Cuesta!!!
Propónnos á toda a comunidade educativa do noso cole o reto "QUÉDATE EN CASA" de Ariel de Cuba. Con este novo reto pretende que todos e todas, os e as que formamos parte do Ceip de Arzúa, ensaiemos en familia e aprendamos a coreografía que nos deixa para que cando volvamos de novo ao cole, toda a comunidade educativa a representemos en sinal de VITORIA.
Marela anima tamén a todos os centros a unirse a esta iniciativa.
Apúntaste.....?? Eu siiiiiiii!!!
Practicade a coreografía en familia, ensaiade xuntos e xuntas, e se queredes compartila podedes facelo a través do meu correo electrónico maritaefisica@gmail.com.
Preme en youtube para ver o vídeo en pantalla completa.
A BAILAR CON MARELA...!!!
Durante estes días de confinamento na casa, pasamos moitas horas preto da cociña... facendo de pinches ou ben picando algunha que outra cousa.
É importante manter unha dieta equilibrada para axudar ao noso corpo a estar forte e san.
Marela apúntase a dieta equilibrada e san e déixanos uns conselliños e dous retos!!
ÁNIMOOOOO ......!!!
XUNTOS E XUNTAS IMOS SUPERAR O RETO...QUÉDATE NA CASA!!!
Se queredes poñervos en contacto conmigo para calquera dúbida, suxerencia ou ben para enviar os debuxos ou as fotos dos retos, déixovos á vosa disposición o meu email:maritaefisica@gmail.com
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |