Iguála-T

NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO

 

 

“Navega con rumbo” é un programa encamiñado a guiar ao alumnado cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede.

No CEIP de Arzúa desenvolveuse esta charla o día 10 de maio, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Tratáronse temas como:

- Como se divertían os nosos pais e profesores?

- Agora o que nos engancha son os xogos e as redes sociais.

- Puntos clave de Internet.

- Vantaxes de Internet.

- Risco een Internet: moitos menores comunícanse con xente que coñeceron a través de Internet. Moitos sofren acoso a través da rede.

- Internet en sí non é perigoso, pero pode ser perigoso o que esconde detrás.

- Perigos de Internet:

  • Perda da intimidade e confidencialidade.
  • Adicción a Internet.
  • Spam, bulos,phishing, malware.
  • Dispersión e perda de tempo.
  • Información falsa.
  • Ciberbullying, ciberacoso e grooming.
  • Sectas.
  • Illamento social.

- Como evitar un correo electrónico con copia oculta.

- Debemos aprender a protexer o noso ordenador.

  • Fontes de virus.
  • Os enderezos que comezan por https:// asegúranos que a información está cifrada.
  • Buscar contrasinais seguros.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O día 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. A través do Plan Director, a Garda Civil dou unha charla sobre o Acoso Escolar para o alumnado de 5º e 6º. Nesta sesión tratouse: 

  • Que é o acoso escolar?
  • Cando actúa o agresor
  • Formas de acoso: Físico, verbal, psicolóxico, social
  • Os 24 comportamentos do Bullyng
  • Características do Bullyng
  • Persoas implicadas no acoso escolar: compinches (amigos íntimos e axudantes do agresor, reforzadores (aproban as agresións), alleos (móstranse neutrais e non queren implicarse, pero ao calar están tolerando o acoso).
  • Mostrou tamén a carta de Diego González, presunta vítima de acoso escolar.

OBRADOIROS DE IGUALDADE

A semana do luns 25 ao venres 29 de abril tiveron lugar no noso centro uns Obradoiros de Igualdade que foron impartidos a todo o alumnado de Educación Primaria.

Estas formacións están dentro dos Contratos – Programa Inclúe no programa de IGUÁLA-T: “A educación é a clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero  así como para poñer en valor a diversidade afectivo sexual e de identidade de xénero e o respeto a todas as persoas”.

A coordinadora e encargada de impartilos, Cristina, trouxo diversos materiais e recursos para desenvolver estas formacións que tiveron unha duración de 2 sesións en cada aula: para os nenos e nenas de 1º a 4º de Primaria, empregou un material que elaborou cun rapaz de ARELAS que é ilustrador. A través das ilustracións o alumnado tiña que rematar e colorear, traballando así os corpos diversos, a expresión, os estereotipos e roles de xénero, as familias diversas e as diferentes formas de amar. Para iso, apoiouse tamén dunha presentación power-point con imaxes reais que nos serviron para desmontar certos prexuizos e ideas estereotipadas.

Co alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou os mesmos temas, pero ademais realizou unha charla-conversa a través dun power point e de vídeos que nos serviron para a reflexión.

Amosámosvos a continuación algunas imaxes deste obradoiros:

  

EXPOSICIÓN SOMOSQUEN: CIENTÍFICAS PRETO DE TI

Desde do 25 de abril e ata mediados de maio, no CEIP de Arzúa podemos desfrutar da exposición itinerante SOMOSQUEN: CIENTÍFICAS PRETO DE TI. Nos corredores do colexio e na biblioteca poden observarse os cinco paneis que conforman a exposición en favor da igualdade de xénero no eido científico e tecnolóxico.

Trátase dunha mostra que recolle o sentir de 9 investigadoras do campo da tecnoloxía en distintas fases da súa carreira, que reflexionan sobre o seu papel como mulleres e científicas do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC). 

Alumnado de Infantil 4 anos

  

 

Alumnado de Infantil 5 anos-A

  

Alumnado de 2ºB de EP

   

Nenos e nenas de 1ºA e 1º B de EP 

   

Alumnado de 3º EP

Alumnado de 6º EP 

   

  

 

CONTOS SOLIDARIOS CON ANXO MOURE

Nesta semana do Día do Libro, estamos facendo diferentes actividades no noso centro. Hoxe visitounos Anxo Moure para facernos partícipes do seu proxecto "Contos solidarios"; unha proposta na que as nenas e os nenos son os protagonistas. Anxo relatounos un conxunto de historias que amosan a solidariedade entre as persoas e coa natureza. O cociñeiro intercultural Mourehammed Quechua viaxou ata o noso colexio para cociñar uns contos, que levaron ás nenas e ós nenos ate as diferentes culturas do mundo, protagonizados por uns monicreques tecidos por cooperativas do comercio xusto na India, Guatemala e Galicia. As nenas e os nenos aprenderon a plantar as árbores da paz, a dicir non aos insultos fomentando a tolerancia e o respecto. Cunha singular Pazdeireta cantaron e contaron unha cantiga para fomentar a non violencia. 

Estas fotografías recollen a sesión que se fixo co alumnado de 3 anos e co de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria. Fixéronse en total cinco sesións para que todas as nenas e nenos do colexio puideran gozar con estas historias narradas polo contacontos Anxo Moure. 

    

  

  

CHEGOU AO COLE A "MALETA VIAXEIRA DA IGUALDADE"

Hoxe, 19 de abril, chegou ao CEIP de Arzúa a “Maleta viaxeira da Igualdade” que forma parte do proxecto “Maletas Viaxeiras”, unha das medidas recollidas no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A persistencia de certos roles, estereotipos e actitudes sexistas aínda presentes na nosa sociedade perpetúan as desigualdades, polo que se fai preciso abordar un cambio máis profundo dos nosos valores e ideas. Dende o colexio apostamos pola estimulación desas transformacións, polo que dende hoxe temos varias iniciativas novas para traballar neste ámbito. 

Son unha trintena de libros que están expostos na biblioteca, nos andeis dedicados ás novidades. Poderemos dispor deles durante un mes.

Os libros poderanse empregar tanto para traballar nas aulas como para préstamo domiciliario, e por suposto na biblioteca. Para poder facer o préstamo domiciliario, preparamos un caderno específico, donde se anotarán os datos sobre o libro prestado e o lector/a.

 

 

O NOSO ROCÓDROMO

Os nenos e nenas disfrutan do rocódromo instalado no patio de Infantil!!!

O rocódromo permítelles desenvolver habilidades psicomotoras. Un bo exercicio para entrenar a coordinación e as habilidades motoras, tanto finas como grosas; ademais é unha forma de gañar equilibrio, flexibilidade e resistencia, ao mesmo tempo que axuda a fortalecer e tonificar os músculos. Require moita enerxía e esforzo físico, polo que tamén é bo para manter a nosa saúde física.

Un equipamento que facilita a igualdade entre xéneros no patio escolar, pois non coñece idades nin sexo, facilitando a participación de todos e todas, permitindo  traballar aspectos tanto físicos como conductuais.

Desenvolve tamén as funcións cognitivas e proporciona beneficios a nivel emocional, xa que fortalece a autoestima e autoconfianza, fomenta o autocontrol e mellora a tolerancia á frustración.

É unha boa maneira de liberar o exceso de enerxía, aliviar as tensións e controlar o estrés.

 

DÍA DA MULLER NA AULA DE 5 ANOS A

No Día Internacional da Muller, os nenos e nenas de 5 anos A traballaron co libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes:100 historias de mujeres extraordinarias".

Científicas, astronautas, levantadoras de pesas, xuízas, chefs... cen exemplos de determinación e audacia para as que soñan en grande.

Unha delas é ADA LOVELACE (Matemática)

 

pasando por Frida Kalo, Jane Goodall, Coco Chanel, Nina Simone, as irmáns Bronte, Marie Curie...

Este libro narra as extraordinarias vidas de 100 mulleres valentes e, ademais, conta coas ilustracións de 60 artistas de todo o mundo.

A partir deste libro, os nenos e nenas levaron a cabo diversos traballos:

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA DA MULLER conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e a igualdade co home.

Os nenos e nenas do CEIP de Arzúa traballamos esta conmemoración a través da figura da artista afgá SHAMSIA HASANNI. Ela é a grafiteira e artista callejera máis coñecida de Afganistán, famosa pola súa audaz maneira de dar voz ás mulleres do seu país.

A obra desta artista céntrase en diversos temas como a guerra e a situación da muller, intentando darlle a esta unha cara de poder, ambición e vontade para alcanzar as súas metas.

Fixemos un mural colectivo onde cada aula ilustrou e lle puxo un lema a un dos seus grafitis:

                                

 

 

Ademais, cada aula elaborou estes outros traballos relacionados con esta conmemoración:

 

   

 

                                                

 

  

                                                                      

 

 

 

 

 Vídeo do alumnado de 4 anos

 

 

DÍA DA PAZ

Este domingo, 30 de xaneiro, conmemorouse en todo o mundo unha festividade dedicada a promover a paz a nivel mundial, moi especialmente entre os nenos e nenas. Estamos a falar do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Según a ONU, “no Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar”.

E iso fixemos nós, comprometernos con esta data realizando diversos traballos a nivel de aula e elaborando este mural colectivo que leva por título “Mulleres Nobel da Paz”.

Cada clase ilustrou e escribiu dentro da silueta dunha pomba, símbolo da paz, información sobre cada unha das trece mulleres que foron galardonadas con este premio Nobel ao longo da historia.

Estes tamén son algúns dos nosos traballos:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet