ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS PARA USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR

EMPRÉGASE A RENDA DO 2023,  do seguinte xeito:

casiña 435+casiña 460-casiña 595=X

Descargar o ANEXO II no ADXUNTO

A autodeclaración recollerase no seguinte período: do 3 ao 12 de xullo 

 

INCHABLES (ANPA XERMOLOS)

Este curso 2023-2024 está chegando ao seu fin.

Un ano máis, a ANPA XERMOLOS convidounos a pasar unha xornada con inchables e moita diversión! 

Durante toda a mañá, por turnos, todos os nenos e nenas do colexio desfrutaron desta actividade e pasárono xenial!

Rematando o curso con arte dixital

Xa non queda nada para rematar este curso escolar, e non hai nada mellor que rematar estas semanas cun pequeno taller de iniciación ao debuxo dixital.

Para iso, agora que xa temos actualizada a nosa tablet da biblioteca cun lápiz dixital, o alumnado de 5º de Primaria comezou o deseño dun mazo de cartas para xogar ao Dixit, un dos xogos populares da biblioteca.

 

 

 

Primeiro crearon o seu propio deseño en papel, para despois importalo no programa de debuxo dixital e traballar co perfilador, as texturas, as cores... É un traballo que leva o seu tempo! E por iso agora o importante é inicialos neste tipo de aplicacións de deseño, para traballair máis a fondo o próximo curso e que o mesmo alumnado que aprendeu neste taller poida ensinar aos seus compañeiros e compañeiras doutros ciclos.

E así de preciosas e orixinais están a quedar as primeiras cartas creadas dixitalmente:

 

 

 
 
 
E queremos rematar esta publicación lembrando algunhas das nosas producións máis artísticas e creativas neste curso escolar, en Biblioteca Creativa:
 





 
 
 
 





 
 





 

 




FIN DE CURSO

Prezadas familias:

Este curso 2023 - 2024 está a piques de rematar.

Querémosvos convidar ao noso FESTIVAL DE FIN DE CURSO e ACTO DE DESPEDIDA AO ALUMNANDO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA que terá lugar o venres, 21 de xuño ás 12:00 horas.

 

Agardámosvos!

 

                      

Proxecto diversidade cultural na materia de Música

Este curso escolar, utilizando como inspiración o eixe de "Unha ventá aberta ao mundo", na aula de Música e facendo uso da Biblioteca escolar, os alumnos e alumnas de 4º e 5º EP traballamos ao longo do curso co lema "We are the others" ( Todos somos "os outros") para concienciar aos nenos e nenas do importante que é coñecer e apreciar a diversidade cultural do mundo. As manifestacións artísticas, como a música e o baile, amosan o carácter e esencia dun pobo, contan a través de movementos, cancións e instrumentos a súa historia, costumes e cultura.

Tamén colaboramos cunha ONG para compartir un vídeo falando da nosa tradición oral cunha escola en Tumaco, Colombia, e que os nenos comprendan o diferente que pode ser a ensinanza noutros países.

 

 

Podedes ver a publicación completa no blogue de Unha ventá aberta ao mundo:

https://unhaventaabertaaomundo.blogspot.com/2024/06/we-are-others-as-culturas-do-mundo.html

 

 

INFORMACIÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE ARZÚA

O vindeiro día 11 de xuño ás 16:00h da tarde vanse realizar as probas de aptitude e accesos para todas as familias que teñan interese en matricular aos seus fillos e fillas no vindeiro ano académico 2024/25.

 

 

 

 

 

 

 

DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente cada nivel realizou unha flor de papeis reciclados.

A súa folla era a bandeira que representaba as diferentes nacionalidades de alumnado e profesorado do colexio.

Deste xeito, celebramos a diversidade, a natureza, as marabillas do mundo e a importancia de coidar a nosa terra.

                            

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE ARZÚA

O espectáculo que leva por nome "De Castro a Villalta", da compañía A Xanela do Maxín, pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura. 

Empezamos pois con Rosalía de Castro e seguimos con Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, para rematar, como non podía ser doutro xeito, con Luísa Villalta. 

O espectáculo estivo xenial e a posta en escena foi moi orixinal, ao incluír hologramas. Pareceunos unha forma moi didáctica de mostrar a vida e obra das mulleres que foron homenaxeadas o Día das Letras Galegas. 

  

  

 

 

CURSO DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DIVERSIDADE SEXUAL

 

 

Durante a semana do 21 ao 24 de maio, o CEIP de Arzúa organizou un curso de sensibilización sobre a diversidade sexual, impartido polo Educador Social Ález Raposo González.

O obxectivo principal deste curso foi promover o respeto e a comprensión da diversidade sexual entre o alumnado, a través de actividades dinámicas e adaptadas a cada nivel educativo.

A semana culminou coa creación dun mural inclusivo de todo o centro, que reflicte o traballo conxunto realizado polo alumnado.

 

O curso contou con diversas charlas e talleres interactivos que explicaron conceptos clave sobre a diversidade sexual, dunha forma accesible e comprensible para os nenos e nenas. A través de recursos multimedia, xogos didácticos e dinámicas grupais, asegurouse que a aprendizaxe fora tanto participativa como significativa, incentivando a participación activa dos estudantes.

Powered by Drupal - Design by artinet