Chegou o inverno!

Nesta nova estación comeza o frío e con el as paisaxes brancas, cubertas de neve!!! E como na aula de 4 anos son moi deportistas, fixeron este mural no que semella que os bonecos de neve son expertos esquiadores, mentras outros se divirten xogando á comba.

Un momento!!! Non só esquían os bonecos de neve, tamén hai algunha pera que o está pasando fenomenal na neve.  Nótase que ás nenas e aos nenos de catro anos encántalles comer mooooooooita froita...Ves tí algunha froita máis facendo deporte nesta paisaxe invernal??

 

 

 

Un fantástico traballo para englobar os tres proxectos do Plan Proxecta nos que participamos dende o centro. Noraboa rapaces!!

Powered by Drupal - Design by artinet