MANEQUIM CHALLENGE

Os nosos compañeiros e compañeiras de 4º A quixeron "conxelar" o seu traballo e para iso decidiron comportarse como os famosos e crear o seu propio "manequim challenge".

O pasado luns puxéronse dacordo entre eles e las para grabar dous estupendos vídeos sobre unha temática debatida, que quixeron amosar.

O primeiro déronlle unha faceta educativa, querendo ensinar o seu traballo na aula e para iso adoptaron unhas posturas de lectura, escritura ou incluso portando esas pesadas mochilas, cargadas de sabidoría e traballo.

 

No segundo, quixeron amosarnos que , coma nenos e nenas que son, tamén necesitan tempo de xogo, e para iso foi estilo libre.

Agardamos vos guste pois puxeron moito esforzo e adicación! E non esquezades que para todos e todas é moi difícil permanecer quedos tanto tempo e, aínda así, fixérono PERFECTO.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet