EU SOÑEI...

 



Leonardo DiCaprio prestou o seu apoio ao Dream Team na conta atrás par o Día Mundial do Medio Ambiente. Únete a el e pensa que podes facer ti para loitar contra o exceso de consumo e de desperdicios alimenticios!!!!!

7MilMillóns de soños...Comparte o teu!!!!

Este ano o eslogan do Día Mundial do Medio Ambiente é " 7 millóns de soños. Un só planeta. Consume con moderación" sendo o país anfitrión Italia.

Soñar é o primeiro paso para lograr o futuro que queremos.

Imaxínate o que poden facer sete millóns de soños se se fan realidade!!!!

 
       
SOÑA
 e 
escribe os  teus soños para lograr un futuro mellor!!

Zaira



 
 

Esta mañá espertei cun soño incrible. Soñei que no meu pobo usábase a bicicleta para ir dun sitio a outro. Os das aldeas viaxaban en autobús posto polo Concello, un para ir a Santiago e outro para Arzúa ou distancias curtas...
A televisión e internet non se usaba a todas horas, se te pasabas empezaba a pitar como unha tola.
O intre de tirar o lixo era a partir das oito da noite, a esa hora estaba un garda e se vía que non reciclabas ben multábate.
No super non usaban bolsas da compra, cada persoa tiña un carrito.
As fincas dos veciños estaban moi limpas todo o ano, e no verán facían gardas de vixiancia para evitar incendios.
En fin, soñei cun pobo moi limpo.


Hugo 





Eu soñei que todos e todas coidamos o planeta, sen ninguén nos teña que mandar, sen maltratar aos animais, sen contaminar...



Aroa



 
Eu soñei que a xente deixou de pelexar, e que só existe o bo, que compartimos e nos axudamos entre nós. A felicidade e a alegría forma parte das nosas vidas.


Sofía



 
Eu soñei que non haberá máis polución. Para iso dicíalle a xente que coñezo que use o autobús porque así contamínase menos. No coche hai só catro plazas mentres que no autobús moitas máis. Soñei con menos máquina, polo tanto menos polución.
 
Sergio
 
 

Eu soñei que todo o mundo usaba as papeleiras para tirar o lixo, que non había contaminación. Tamén soñei cun lugar sen incendios nos bosques, que acaban con todo, seres vivos e persoas inocentes.

Andrea



 
Eu soñei cunha vila onde a xente paraba de comportarse mal, de tirar plástico ao mar, de maltartar aos animais. Soñei que todos e todas se convertían en boas persoas para poder facer un mundo mellor.
 
Laura
 
 
Eu soñei que a xente se comportaba ben coa natureza, cos peixes, coas árbores...así entre todos e todas faremos un mundo mellor e máis ordenado.
 
Anxo
 
 
Eu soñei que soñara un mundo limpo, onde todos tiraban o lixo á papeleira e non aso bosques, para acabar cos incendios . Soñei que soñara un mundo nos que todos e todas andaban en bici para evitar a contaminación e non agrandar máis a capa do ozono. Eu soñei que soñara un mundo onde todos e todas reciclaban: bricks, cartóns, papeis...
 
Ainara
 
 
Eu soñei que a natureza non estaba contaminada, sen lixo de ningún tipo, podiamos desfrutar ao aire libre. Non había guerras nin fame, rebosaba a felicidade.
 
Lucía Rial
 
 

Eu soñei que necesitaba para poder vivir ríos, lagos, mares , bosques, herbas, flores, árbores e persoas, todas elas sen contaminar.
Necesitaba no meu soño un cole que ensinara isto, valores para ser persoas responsables co medio ambiente.

Uxía



 
Eu soñei que en vez de tirra o lixo á natureza todo o mundo reciclaba. Cada cousa no seu contenedor. Parace moi doado pero non todo o mundo o fai.
 
Lucía Vázquez
 
 
 
Eu soñei que non se tiraba o lixo  nos campos, nin nas estradas nin nos parques...As cabichas non se tiran nas estradas para evitar incendios forestais que tanta natureza destrúen, non só bosques senón tamen os seres vivos que neles viven. Así conseguiremos unha atmosfera limpa e sen contaminación.
Soñei tamén que andamos en bici cando fai bo tempo para non contaminar.
Soñei cun uso da auga responasable, xa que é moi importante que non se esgote...fainos moita falta para poder vivir.
Ahhhhh!!!
Soñei que a xente non era consumista, só mercaba o necesario, non se tiraba nada ao lixo e se sobraba xestionábase para a xente que o necesitaba.
 

Powered by Drupal - Design by artinet