Skip to Content

Complementarias

ADORNOS DE NADAL CON BARRO

Para elaborar adornos de Nadal trouxemos a un alfareiro que dirixiu un obradoiro polo que pasaron tod@s @s alumn@s do colexio. Con barro de Buño e moldes variados elaboraron os adornos que logo decoraron. Nesta actividade colaborou a ANPA do centro.

BIBLIOTECA: 25N

    Dende o equipo de biblioteca fixemos a seguinte proposta para conmemorar o 25-N:

    • Habilitamos un punto de lectura violeta con libros de temática inclusiva e sobre a importancia do papel das mulleres na sociedade.

    • Durante quince días os rapaces podían levar libros seleccionados no punto.

    • Dentro de cada libro atopaban pequenas sorpresas en forma de bolboretas con letras.

    • Cada letra correspondíase cun número do mural que iamos construir entre todo o alumnado de primaria.

    • A idea era completar un pequeno manifesto contra todo tipo de violencia, especialmente aquela que vai contra as mulleres.

    • Cando completamos a mensaxe colocámola no punto de lectura violeta, que funcionará uns días máis segundo sexa o interese amosado polo alumnado. 

   

25N: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Seguimos a facer visible neste día a loita contra a violencia de xénero. Elaboramos catro murais, NON Á VIOLENCIA, IGUALDADE, INCLUSIÓN e TOLERANCIA. Construímolos coa aportación de tod@s @s alumn@s, simbolizando a aportación individual para conseguir o obxectivo colectivo, que tamén nos guía como lema de traballo: “ Respectar as diferenzas,  que nos enriquecen,  fomentar o respecto, que nos une.”

MAGOSTO 2022

E por fin chegou o Magosto. Xornada de festa no colexio, con xogos para tod@s @s alumn@s, castañas asadas e troula despois.

 

SAMAÍN 2022

   

5º e 6º PRIMARIA: SEMANA DA MOBILIDADE

A Concelleria de Educación celebrou o día 20 de setembro, de 11.30-13h na rúa Saénz Díez, diante  do noso colexio, unha xornada de sensibilización con motivo da Semana Europea da Mobilidade na que se realizaron diferentes talleres para mostrar cómo é a realidade dos colectivos con dificultades de mobilidade reducida.

Nesta xornada, a rúa permaneceu pechada ao tráfico rodado e participou o alumnado de 5º e 6º de EP, éstes  coñecerán os obstáculos aos que se enfrentan as personas con discapacidade motora no seu día a día á hora de moverse pola nosa cidade poñéndose no seu lugar ou axudandoos nos seus desprazamentos.

4º-5º-6º PRIMARIA: OBRADOIRO DE GOMINOLAS

 O pasado 14 de setembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria participou nun Obradoiro realizado por investigadoras do Departamento de Química analítica e alimentaria da Universidade de Vigo. O obxectivo era que @s nen@s descubriran características sensoriais a través dunha cata de gominolas.  
 

GRADUACIÓN ALUMN@S 6º PRIMARIA: 2013-2022

Non podería faltar o acto de graduación d@s alumn@s de 6º de Primaria aínda nun curso tan complicado como este. O pasado 20 de xuño fíxoselle entrega da orla, banda e outros agasallos, nos que ía incluía un vídeo elaborado polas familias no que puideron ver a súa evolución ao longo dos cursos nos que estiveron escolarizad@s.

MOITA SORTE A TOD@S DE PARTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!

vídeo 1

vídeo 2

FESTA FIN DE CURSO 2021/22

O martes 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso, financiada pola Anpa e coa colaboración do centro, dentro do horario lectivo. Inicialmente ía ser a Festa de Escuma para Primaria e Inchables para Infantil, pero o mal tempo obrigou ó plan B, Inchables para tod@s!!

Desfilaron tod@s @s nen@s do colexio e pasáronno en grande!!

5º-6º PRIMARIA: "GÚSTAME O MEU RÍO, ENSÍNAME A COIDALO"

Durante este curso @s alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron na actividade organizada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil "GÚSTAME O MEU RÍO, ENSÍNAME A COIDALO".

Realizaron 3 xornadas sobre o terreo, nas ribeiras dos ríos Loñoa e Miño, e abordaron temáticas sobre o ciclo da auga, parámetros físico químicos da auga, macroinvertebrados e biodiversidade.

Esperamos poder repetila en vindeiros cursos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut