Skip to Content

Complementarias

1º e 2º: CONTO MUSICAL NO CONSERVATORIO

O CFR de Ourense e o coro infantil Cantiga covidáronnos na mañá do martes 28 de maio ao contacontos-concerto  "A nena e o avó", conto musical en galego, con narrador, piano, zanfona e coro infantil.

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

Aproveitando que o 20 de maio é o Día Mundial da Abella, organizouse un Obradoiro sobre o mundo das abellas para contribuir ós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Dirixido polo mestre e apicultor Jose Bailón, o alumnado mostrou unha grande motivación por aprender sobre estes insectos tan importantes para os ecosistemas. 

  

EXCURSIÓNS INFANTIL/1º CICLO/3º CICLO

No último trimestre do curso imos de excursión, @s pequen@s de Infantil á Granxa Kiriko e Primaria a Fervenzaventura. Faltan @s alumn@s do 2º ciclo que irán este xoves día 6 de xuño.

INFANTIL Á GRANXA KIRIKO

PRIMARIA A FERVENZAVENTURA

 

 

 

DÍA DOS MUSEOS: Obradoiro de Arqueoloxía

Para conmemorar o Día dos Museos o alumnado de 4° e 5° de Primaria participou nun obradoiro de Arqueoloxía dirixido por Begoña (Xeitura) e organizado polo Museo Arqueolóxico.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024: Luisa Villalta

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Luisa Villalta. Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual que traballou en distintos campos, e en todos ben: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas.

Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Luísa Villalta é a sexta muller homenaxeada nas 61 edicións.

LETRAS GALEGAS 2024

Xa chegou a primavera ao noso cole. E con ela o mes das NOSAS LETRAS
Este ano homenaxeamos a Luísa Villalta e para elo contamos coa colaboración dos nosos nenos e nenas.

 

 

SEMANA DO LIBRO 2024

 

Na semana do Libro o Equipo de Biblioteca propuxo varias actividades para animar á lectura aos nos@s alumn@s:

TRIVIAL LITERARIO DE CÓMIC E MANGA
APADRIÑAMENTO LECTOR
BIBLIOCARRO NOS RECREOS

PITIÑOS NO COLEXIO!!!

Como o ano pasado resultou tan exitosa esta experiencia repetimos para ver a evolución dos pitiños dende a eclosión do ovo ata que adquiren autonomía. Se queredes ver toda a evolución da incubación do ovo podedes revisar a nosa páxina web en https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurrosourense/?q=node/1086

 
 

6º INFANTIL: VERBATECA - LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do Concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de 6º de infantil.
Xogando traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas...

 
 

2º/4º/6º: APRENDO A LER O QUE COMO

Científic@s da UVigo dirixiron varios obradoiros encamiñados a conseguir que o noso alumnado saiba escoller alimentos saudables a través da interpretación das etiquetas!

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut