Skip to Content

"O COCIÑEIRO MARTIÑO: "INFANTIL E PRIMARIA (1º a 3º)"

 

O venres 17 de febreiro estivo no colexio Iago, un contacontos xenial que nos colou na corte real da man de "O cociñeiro Martiño".

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa... O conseguirá? Para elo contará coa axuda d@s alumn@s de Infantil e Primaria...

Aproveitando a ocasión, as alumnas de Prácticas de Maxisterio recibiron un pequeno agasallo de parte do Ciclo de Infantil, para agradecerlles o seu bo traballo durante este trimestre.

 

 

 



page | by Dr. Radut