Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
A presente orde ten por obxecto establecer os criterios e o procedemento para que os centros docentes públicos dependentes da consellería e os centros privados concertados distribúan máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
Tal e como establece a convocatoria, todos os alumnos e alumnas que contan con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude.
O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros no exercicio fiscal de 2018. Así mesmo, disporán de máscaras os alumnos que, independente da renda da unidade familiar, estean matriculados nun centro de Educación especial, suxeitos a garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%. En todos estes casos, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude no centro, (xunto coa copia do libro de familia ou outro documento que acredite os membros da unidade familiar) cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.
Modelo de solicitude no arquivo adxunto