Skip to Content

NOTA INFORMATIVA SOBRE O CORONAVIRUS

 

 Estimadas familias:

Como ben saberán polos medios de comunicación e pola comparecencia do Presidente, a Xunta de Galicia, como medida preventiva para frear o avance do coronavirus, tomou onte a decisión de suspender a actividade lectiva regulada  e os servizos complementarios en todos os centros de ensino durante 14 días naturais a partires do luns, 16 de marzo.

Onte, xoves, algúns pais e nais chamaron ao centro preguntando; pero, lamentablemente, non puidemos darlles moita información porque, ata as 19:39 horas non houbo comunicado oficial a través da páxina Web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus.

A noticia, a pesar da rumoroloxía, foi unha sorpresa par todos, incluídos os directivos dos centros. Entendemos que a situación é complicada para as familias, pero nos centros non puidemos comunicar nada ata que tiveramos confirmación oficial.

Ao longo da mañá de hoxe, venres, publicaremos na páxina web do centro instrucións para a realización de actividades que o alumnado poida facer no seu domicilio. Se teñen algunha dúbida ao respecto, o profesorado do centro está dispoñible para resolvela.

A dirección do centro comunicará calquera información relevente ao respecto  e estaremos á disposición das familias para calquera dúbida.

Dende o centro aconsellamos tranquilidade e responsabilidade no cumprimento das medidas adoptadas.

 

Ourense, 13 de marzo de 2020

 

A Directora, Mª Isabel Domínguez Pérez



page | by Dr. Radut