Skip to Content

5º NA EXPOSICIÓN "ÉRASE UNHA VEZ... A FALA!"

O pasado día 17 de decembro os alumnos de 5 º de primaria disfrutamos dunha exposición chamada "A fala".
Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas como:
a comunicación das bacterias, a evolución dos nosos cerebros, o código morse...

ACTIVIDADES QUE FIXEMOS:
Os humáns somos a única especie coa capacidade de poder falar.
Vimos as diferencias de tamaño entre o cerebro humano e o dun paxaro.
Logo cheiramos o tufo dunha mofeta e do almizcle.
A mofeta cheiraba peor que os calcetíns do meu irmán (e dicir, moi, moi mal ).
Pola contra, o almizcle cheiraba mellor que unha rosa.
Logo aprendimos a escribir o código morse e a ler a linguaxe dos cegos coas nosas mans.
Rematamos vendo a cantidade de idiomas que desaparecen cada día.
FIN!

Paula e Sofía (5º Primaria)

 

 

folleto exposición

 

 

 


 



page | by Dr. Radut