A mañá do 24 de febreiro do 2015, os alumnos de 5º e 6º do colexio CEIP Curros Enríquez asistimos a celebrar o aniversario de Rosalía de Castro, no Espazo Xove, na Casa da Xuventude. Alí limos varios poemas dela e a súa vida. Ao rematar as lecturas, puxéronnos unha canción que realmente era o poema de Rosalía “Negra Sombra” cantado por Luz Casal e Carlos Núñez. Mentres, nuns papeliños escribiamos a nosa opinión sobre a saída. Cando iamos saír pola porta déronnos uns pequenos agasallos: un broche coa cara de Rosalía para recordala en todo momento e un poema. Foi un día marabilloso, inolvidable... Gustaríanos moito repetir a saída aínda que cremos que non será posible. Paz Calviño, Ruth Grela e Carlos Suárez (6º). |
150 ANIVERSARIO PUBLICACIÓN "CANTARES GALLEGOS"
- 44 lecturas