Skip to Content

CELSO EMILIO FERREIRO: CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

 

O día 12 /12/2012 as 12 da mañá no patio do colexio, celebrouse un recitado  colectivo do poema  "Deitado fronte ao mar" de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro "Longa noite de pedra" (1962).

Esta celebración coincide co centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. O obxectivo é renderlle homenáxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Pretendemos manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX, manifestando en colaboración ca coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística, dun modo lúdico e masivo o noso compromiso cívico cara á lingua galega.

                                                             

                                  

 



blog | by Dr. Radut