Skip to Content

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024: Luisa Villalta

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Luisa Villalta. Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual que traballou en distintos campos, e en todos ben: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas.

Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Luísa Villalta é a sexta muller homenaxeada nas 61 edicións.



page | by Dr. Radut