Skip to Content

Complementarias

3º a 6º PRIMARIA: "EMPRENDEMAKERS"

@s alumn@s de 3º a 6º de Primaria participaron nunha actividade de iniciación á robótica e programación usando pequenos robots que programaron mediante o uso de tablets. Colaborou nesta actividade Captioma.

1º A 6º PRIMARIA: "OS SEGREDOS DOS FRANCISCANOS"

A finais de abril e primeiros de maio os alumn@s de Primaria visitaron o Arquivo Histórico Povincial na súa nova ubicación a carón do Claustro de S. Francisco.

Por medio dos xogos que propoñen os dous personaxes que guían a actividade (Xoana, a lavandeira, e frei Xan “Farrapeiro”, o arquiveiro do Convento), os alumn@s viaxaron a través do tempo partindo de vellos documentos que invitan a coñecer distintos aspectos da cultura e dos modos de vida das sociedades do pasado.

Realizaron xogos relacionados co legado documental que se conserva neste centro, e prosigue cun percorrido por distintos lugares históricos da cidade de Ourense e remata no claustro de San Francisco con outros retos e probas.

INFANTIL E PRIMARIA: 2º PERÍODO REPARTO FROITA

Continuamos co Programa escolar de Froitas, subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

Repartiremos froita fresca entre o alumnado de Infantil e Primaria co obxectivo de fomentar o consumos destes alimentos no horario lectivo e favorecer a nutrición saudable d@s alumn@s.

A froita repartirase nos recreos durante 10 días consecutivos dende o luns 2 de maio ata o venres 13 de maio.

PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN PARA QUE NESTES DÍAS ADAPTEDES A MERENDA DO RECREO.

PROCURAREMOS QUE TODO O ALUMNADO COMA A FROITA DO DÍA.

 

AVISADE SE HOUBERA ALGUNHA ALERXIA OU INTOLERANCIA.

2º: VISITA Á EXPOSICIÓN "A VIDA LENTA. MEMORIAS E RITMOS DO RURAL GALEGO"

Reflexiona sobre as formas de vida vencelladas ao rural galego e a sostibilidade do medio. «A vida lenta. Memorias e ritmos do rural galego», conxuga máis de 70 fotografías, máis de 40 minutos de pezas audiovisuais, fragmentos poéticos e música.

DÍA DA MULLER 2022

Celebrar conmemoracións nas escolas plantexa un problema importante. Son anuais e corremos o perigo de repetir actividades e ideas.
    Por iso esta curso 2021-22, no CEIP Curros Enríquez de Ourense decidimos apostar por incorporar os robots (neste caso mbots).
    Así deseñamos un circuito de xogos relacionados co Día da Muller no que un dos xogos era un “Reto Robótico”. Os alumn@s debían sortear os muros que simbolizaban as barreiras ás que se enfrontan as mulleres cada día.
    Neste e nos demais xogos, os equipos conseguían puntos que lles permitían optar a abrir unha caixa (que tiña un cadeado) se adiviñaban a solución. A sorpresa do interior da caixa era un enlace a un vídeo que lles falaba da necesidade do empoderamento das mulleres.
    
    Esta era a listaxe dos xogos:

    • Memory de “Mulleres na Ciencia”
    • Barullo de letras relacionado con este día.
    • Elaboración dun “Comecocos” de igualdade.
    • Descifrar unha “Mensaxe Secreta”.
    • Reto robótico de superación de muros que dificultan o camiño diario  das mulleres.

 ENLACE PRENSA 1

 

ENLACE PRENSA 2

DÍA DE ROSALÍA 2022

A partir deste curso toca conmemorar a Rosalía de Castro o 23 de febreiro, data do seu nacemento.

O ENDLG deseñou un photocall cos datos biográficos da nosa autora máis senlleira e coa súa obra máis importante.

Non quedou ninguén sen fotografar con Rosalía!!

"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."

Rosalía de Castro

 

INFANTIL E PRIMARIA: REPARTO FROITA

Rematou o 1º período de reparto de froita, volveremos co reparto de leite (envases de 200 cc) en marzo. E no mes de maio iniciaremos o 2º período de reparto de froita con novas variedades!!!

11F: DÍA DA MULLER NA CIENCIA

@s alumn@s de 5º de Primaria participaron na charla da investigadora Andrea Mouriño, especialista en Prehistoria. Experimentaron co arte rupestre, concretamente coas pinturas prehistóricas, manipularon os pigmentos e mesturáronnos con aglutinantes que se empregaban na prehistoria e pintaron algún motivo representativo deste tipo de arte.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2022

Achegamos a programación do Entroido deste ano para contaxiar á comunidade educativa do espírito festivo destes días, para dar a coñecer as actividades que celebraremos e sobre todo para coñecer os mandadiños do meco que teremos que cumprir nestes días.

Bo Entroido para tod@s!!

DÍA DA PAZ 2022

Este ano para conmemorar o Día da Paz levamos adiante unha campaña de vacinación contra a violencia e a intolerancia. No pdf podedes ver as distintas fases da campaña e os actos que se desenvolveron.

Por un 2022 cheo de Paz e Respecto!!

Distribuir contido


by Dr. Radut