Skip to Content

Terceiro ciclo Primaria

VISITA AO PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO (6º PRIMARIA)

Os alumnos de 6º de Primaria acudiron o pasado 17 de marzo ao PIT (Parque Infantil de Tráfico)

para participar nas actividades de Educación Viaria organizadas polo Concello nesta instalación.

Circularon polas estradas do circuito coas bicicletas e os vehículos eléctricos con moito sentidiño...,

tanto que a unha alumna ficháronna como posible integrante do equipo de Educación Viaria ourensán.

   

EXPERIMENTO DO APARATO RESPIRATORIO

 

 

EXPERIMENTO DO APARATO RESPIRATORIO 

(clica nas fotos para amplialas)

Materiais:

  • 1 botella

  • 2 palliñas

  • 2 globos

  • 1 bolsa de plástico

  • Cúter, cinta adhesiva.

Instrucións:

1. Corta a parte inferior da botella e quita o tapón.

2. Pega coa cinta adhesiva os globos á parte que se dobra das palliñas e introdúceas na botella.

3. Tapa a parte do tapón co celo despois de meter as palliñas xa unidas entre si; logo ata as asas da

bolsa de plástico e fai un burato na parte inferior da bolsa.

4. Mete a botella polo burato, pega a bolsa á botella e...

 

XA TES O TEU APARATO RESPIRATORIO ! PODES VELO FUNCIONAR NESTE VIDEO!

   

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º

 

No festival de fin de curso despedimos oficialmente aos alumnos de 6º. Reproducimos a carta que redactou Beza, alumna de 5º de Primaria, e que leu ese día no auditorio.

Fai clic nas fotografías

 

 

 

 

 

 


1º PREMIO PARA O BLOGUE DO 3º CICLO: "CORRE A VOZ"

O blogue de 5º de Primaria do noso colexio, "Corre a Voz", foi o gañador do concurso "Mellor Blogue do Curso", que cada ano convoca o Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia.

"Corre a Voz", foi elixido mellor proxecto 2012-2013 grazas ao esforzo e dedicación da titora  Lourdes Soto Carballo e á participación dos seus alumnos de 5º , que xeraron máis de 400 comentarios desde a apertura do blogue no mes de outubro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O xurado do certame, integrado por xornalistas e expertos en comunicación dixital, tivo en conta a gran interacción e participación dos alumnos que se produciu durante todo o curso a través do blogue, que se converteu nunha ferramenta didáctica única para traballar co xornal en clase, axudar aos alumnos a exercitar o seu sentido crítico e opinar sobre a realidade que os rodea e fomentar o uso das novas tecnoloxías.

No curso 2010-2011 foi tamén 1º premio o blogue do 3º ciclo, que era "A nosa voz".

Nesta edición os alumnos de 5º iranse ao Parque Aventura de Manzaneda.

Noraboa a tod@s!!!!

ENCONTROS CO AUTOR (6º)

  Os Alumnos de 6º de Primaria participaron na actividade do Concello Encontros co Autor. A actividade consiste en ler o libro que nos facilita a Concellería ( este ano o libro escollido foi “Exogamia 0.3”), traballar diferentes aspectos relacionados co mesmo e, por último, ter un encontro con ese autor.

Acudimos ao encontro co escritor Ramón Caride, autor do libro, xunto con outros nenos/as, alumnos doutros centros, para plantexarlle todas as preguntas que nos pareceron máis interesantes sobre el e o seu libro.

A continuación veredes o traballo que realizaron Samer, Pablo e Daniel.

(Facede clic nas fotografías para ler os textos)

 

 

 

 


VISITA Á POLICÍA NACIONAL

 

 El 27 de marzo, los alumnos de sexto visitamos la comisaría de la Policía Nacional de Ourense. Fuimos andando ya que está cerca del colegio. Nos recibió una agente llamada Lorena, y fue la encargada de enseñarnos las instalaciones.

Primero nos explicó cómo hacer el registro de las detenciones y, a continuación, estuvimos en el museo. Allí vimos como eran los antiguos uniformes, los DNI y algunas armas antiguas. En el garaje nos dejaron subir a un coche y por un momento me sentí policía. En la sala de llamadas nos explicaron que servía para atender a los ciudadanos. En los calabozos había un detenido durmiendo y, por eso, no nos dejaron seguir viéndolo. En la sala de al lado, se toman las fotos y las huellas dactilares. ¡ Nos tomó las huellas ! A continuación nos enseñaron el helipuerto donde pudimos correr y respirar aire fresco.Al final, fuimos a la sala de tiro donde pudimos hacerle preguntas a Ernesto y contemplar como tiraba; nos mandó taparnos los oídos porque hacía ruido ruido, y algunos no nos los tapamos.Claro, nos caímos para atrás.

MARTÍN 6º              


AUTORRETRATOS 6º PRIMARIA

Temos un grupo de artistas en 6º que veñen de expoñer os seus autorretratos. Xa veredes...!!!

                                   

 


Distribuir contido


by Dr. Radut