Skip to Content

Equipo Normalización Lingüística

O APALPADOR

 

 

Os nen@s de infantil tamén coñeceron a figura do Apalpador,

ese xigante da montaña lucense do Courel que visita aos pequen@s a noite do 24 de decembro,

para ver se comeron abondo durante o ano e deixarlles algún regalo.

 
   

XA VEN AHÍ O SAMAÍN

 

 

Os alumnos de Infantil do Curros Enríquez tamén conmemoran o Samaín. E para que bailen os espíritos montamos este video musical.


Se queredes ver as fotos de todos os traballos que decoran a entrada ao castelo das pantasmas, clicade aquí

 

 En Primaria tamén bailamos cos espíritos; facede clic na fotografía para ver os seus traballos  
 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

 

 Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Roberto Vidal Bolaño, autor, director e actor de teatro.

Na súa honra construimos este teatriño para lembrar o seu traballo.

Fai clic na foto

 

 

 


24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Os alumn@s de Infantil traballamos na clase o poema “Parese unha rosa” e coloreamos os retratos de Rosalía. A que quedou moi guapiña...

  

CELSO EMILIO FERREIRO: CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

 

O día 12 /12/2012 as 12 da mañá no patio do colexio, celebrouse un recitado  colectivo do poema  "Deitado fronte ao mar" de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro "Longa noite de pedra" (1962).

Esta celebración coincide co centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. O obxectivo é renderlle homenáxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Pretendemos manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX, manifestando en colaboración ca coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística, dun modo lúdico e masivo o noso compromiso cívico cara á lingua galega.

                                                             

                                  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut