Skip to Content

Complementarias

PORTAS DE MEEEEDOOO...!!

 

Durante a semana do Samaín era espantoso entrar nas aulas, xa que todas as portas estaban decoradas con motivos de mooonssstrooos, bruuuxaass, mooorceegos...

Pero que ben o pasamos elaborando todos os debuxos para contentar aos espíritus do Samaín.

 

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016

 

O día 21 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2015/16.

Coma sempre houbo un pouco de todo: bailes, teatro, coro... e como non, a entrega de diplomas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para ir a Secundaria.

Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.

Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)

 

 

 

CHARLA DE NUTRICIÓN PARA PRIMARIA

@s alumn@s de Primaria asistiron a unhas charlas sobre nutrición que organizou o Supermercado Gadis do Centro Comercial Ponte Vella.

Tras unha introdución sobre os grupos de alimentos da pirámide alimenticia no propio supermercado, visitaron as distintas seccións, onde recibiron información dos valores nutricionais dos alimentos que forman parte da dieta de xeito habitual.

Ademáis ensináronlles a interpretar as etiquetas cos valores nutricionais que veñen nos envases.

E agora a levar unha dieta equilibrada!!

 

 

A PITA DAS EIROÁS

 

O pasado mércores contamos no cole coa presenza de Lois Pardo, membro da Asociación Amig@s da Pita que nos veu a falar do Entroido, das diversas máscaras do noso país e da Festa da Pita, que inclúe varios días grandes de celebración e troula: o domingo Fareleiro, o domingo Oleiro e o martes de Entroido, que comeza pola mañá co folión polas rúas das Eiroás, segue coa escenificación teatral de Voda de Pita, con comida-banquete de voda baixo carpa, concurso de disfraces amenizado cunha orquestra e remata o día coa queima do Meco. 

Tamén compartimos a visita dunha Pita das Eiroás que falou dos compoñentes do traxe e da carauta, e fixo soar as chocas do seu cinto para todos nós.

Ademais @s alumn@s de 5º e 6º decoraron as olas para celebrar o "domingo oleiro" no colexio, que en realidade foi un "venres oleiro", pero pasámolo igual de ben lanzando as olas, que se resistían a romper !!!
 

 

 Para máis información sobre a pita das Eiroás  www.festadapita.eu

DÍA DE MAGOSTO

 

O día 10 de novembro, véspera do S. Martiño, celebramos o Magosto no colexio. Xogos, carreiras, castañas e tizóns para pintar a cara.

Pasámolo moi ben!! E senon mirade as fotografías da festa!!

 

 

O SAMAÍN NO CURROS



 

 Pantasmas, bruxas, arañas...fixeron aparición no cole para celebrar o Samaín. Pasámolo de medo, mentres nos observaban todos estes seres terroríficicos elaborados polos alumn@s. Pasade e miiiiiraaaaadeeee...!!!

 

 

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

O pasado 18 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas no Conservatorio. Estivo moi animado, con bailes, cancións, teatro e coro.

Ademais fíxose entrega das bandas de graduación en Primaria aos alumn@s de 6º que pasan a Secundaria. Foi moi emotivo !!

Se queredes velo de novo podedes ollar as fotografías, o vídeo e a presentación de diapositivas coa que despedimos aos alumnos de  6º (instruccións descarga presentación).

 

DÍA DA ÁRBORE

Outra das conmemoracións que se celebra en marzo (o 21 de marzo) é o Dia Internacional dos Bosques, que convertemos no Día da árbore, coincidindo coa entrada da primavera no hemisferio Norte.

Este curso a Deputación Provincial promoveu unha campaña de divulgación deste día tan presente nas escolas, e enviounos un acivro para plantar no patio do centro. Despois dun concurso de ideas para escoller o nome deste arbusto tan típico da montaña galega coma dos xardíns, resultou bautizado como "ACIVARELO".

 

O acivro do patio, "Acivarelo"

CONTACONTOS EN INFANTIL E 1º CICLO PRIMARIA

 

 

 Como remate do entroido e para esquecer o medo de tanta máscara, veu Iago a contarnos un conto que nos deixou moi claro que non hai porque ter meeeedoooo...!!!

 

INVADIDOS POLO ENTROIDO

 

Estamos de Entroido no colexio, e este curso temos representados a case todos os sectores económicos: o sector primario, cos labregos e leñadores (1º e 2º Primaria) e os traballadores do mar (3º e 4º); e o sector terciario, cos cociñeir@s de Infantil e os camareir@s de 5º e 6º.

Mirade que desfile de "currantes" se celebrou o venres de entroido!!

 

.

   
Distribuir contido


by Dr. Radut