Skip to Content

Complementarias

INFANTIL E PRIMARIA: Visita á Policía nacional

O alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria visitou a Comisaría da Policía nacional, onde puideron comprobar os medios cos que conta para desenvolver o seu traballo.

OBRADOIRO DE CÓMIC

Dentro das actividades da Semana do Libro, tivemos un obradoiro de cómic dirixido por Simón, que nos ensinou distintas técnicas para expresarnos por medio da banda deseñada!

Para completar o programa tamén traballamos o cómic dixital, para elo @s alumn@s de 6º fixeron de guías para o resto dos compañeir@s!!

 

 

 

 

OBRADOIRO DE APICULTURA

Tod@s s alumn@s do colexio participaron no Obradoiro de apicultura, na que adquiriron nocións básicas de apicultura e a importancia das abellas para o equilibrio medioambiental.

 

 

PRIMARIA: EXPRESIÓN MUSICAL

O alumnado de Primaria participa nas sesións de "Expresión musical" organizadas por alumn@s da Facultade de Educación da UVigo.

4º PRIMARIA: HORTA ESCOLAR

 @s alumn@s de 4° participan no traballo realizado por estudiantes de segundo grado de E.P. na materia de Didáctica das Ciencias Experimentais para a creación dunha Horta.

2º PRIMARIA: VISITA Á BIBLIOTECA DA PONTE

@s alumn@s de 2º visitaron a Biblioteca da Ponte, dentro do programa de Animación á lectura da Concellería de Educación.

3º a 6º PRIMARIA: Mural no patio e pintado bolsas de tea

Coa colaboración de Afundación realizamos a actividade "Plantando árbores con pinceis" co pintado dun Mural colaborativo no patio e talleres de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación.


 

BIBLIOTECA: 8M ROBÓTICO

Dende a Biblioteca deseñouse un xogo, Pasapalabra robótico ( Escornabots ), un conxunto de  preguntas relacionadas con libros de temática feminista dos que dispoñemos na biblioteca.

 

5º PRIMARIA: Encontros co autor

@s alumn@s de 5º de primaria participaron na actividade "Encontros co autor" do programa Animación á lectura do Concello de Ourense.
Asistiron a un encontro con Lois Pérez, autor da novela "A gruta da torre".

 

ENDLG: "QUERO CONTARCHE UN CONTO" para Infantil e Primaria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut