Skip to Content

Complementarias

6º Infantil, 1º, 2º e 3º Primaria: EXCURSIÓN Ó GROVE

O alumnado de 6° Infantil, 1°, 2° e 3° de Primaria visitaron O Grove, onde navegaron pola ría de Arousa e visitaron o Acuario.

 

CIENCIA DIVERTIDA CON DAVID BALLESTEROS

O luns 12 de xuño visitounos David Ballesteros, divulgador científico que participa no programa Aquelando da TVG. David impresionounos cos seus experimentos e curiosidades....desexando que volva ao colexio pois aprendemos moitiiiiiisimo!!!!!!

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2022/23

O día 9 de xuño celebramos o Festival de Fin de curso que pon o broche a este curso 2022/23.
Houbo un pouco de todo: bailes, teatro,... e como non, a entrega de diplomas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.
Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival. Ademáis, podedes ver o video de despedida d@s alumn@s de 6º.

FESTIVAL

DESPEDIDA 6º

                   

OBRADOIRO DE INCUBACIÓN DE OVOS DE GALIÑA

 

 Durante as últimas 3 semanas intentamos desenvolver no colexio o ciclo embrionario dos ovos da galiña. Para iso trouxemos a incubadora, que permaneceu no centro 21 días, que é o tempo que tardaron en nacer os poliños.

Durante estes días, @s nen@s convertéronse en vixiantes dos ovos, sendo responsables do control diario da temperatura, a humidade e o volteo dos ovos.

Acadamos o 75% de nacementos e o tempo que durou a estancia dos poliños no centro foi todo un acontecemento!!

No PDF adxunto podedes ver polo miúdo todo o proceso.

 

 

4º, 5º e 6º PRIMARIA: Excursión ó Grove

O venres 2 de xuño @s alumn@s de 4º, 5º e 6º de Primaria viaxaron ó Grove, onde realizaron unha ruta no catamarán e Visitaron o acuario, onde participaron nun obradoiro de nós mariñeiros.

 

 

 

CONVIVENCIA COLEXIOS CURROS ENRÍQUEZ EN CELANOVA

O pasado 26 de maio @s alumn@s de 5º e 6º asistiron á Convivencia cos colexios Curros Enríquez de Galicia que se celebra en Celanova, organizada pola Fundación Curros Enríquez.
Participaron nunha morea de actividades: visita á Casa Museo de Curros, Campanario do mosteiro de S. Salvador, Capela mozárabe de S. Miguel, Claustros e Biblioteca do mosteiro (IES de Celanova), Igrexa do mosteiro, concerto de órgano e visita a Vilanova dos Infantes.
Comprobade o ben que o pasamos e a riqueza patrimonial de Celanova no enlace coas fotografías!!

 

XELA, SUPERHEROÍNA DE ALDEA

Inma Soto presentounos o seu conto sobre a nosa natureza, "Xela, superheroína de aldea" que pon en valor os nosos recursos e busca que as persoas miúdas queiran coidar o territorio.

 

2º e 4º PRIMARIA: Día dos Museos

O alumnado de 2° e 4° de Primaria participou na actividade organizada polo Museo Arqueolóxico con motivo do Día dos Museos. O parque de San Lázaro converteuse nun museo ó aire libre no que puideron coñecer a historia da súa orixe, da arquitectura que alberga e das árbores que o conforman.

 

 

                                                           

 

4º e 5º INFANTIL: Excursión a Lodoselo

Os alumn@s de 4° e 5° de Infantil foron de excursión á granxa escola de Lodoselo, onde puideron interaccionar cos animais, amasar o seu propio bolo de pan e disfrutar do xardín sensitivo. Un día cheo de experiencias!!

4º PRIMARIA: "Pupas, sustos e outros disgustos"

@s alumn@s de 4º participaron no obradoiro "Pupas, sustos e outros disgustos", realizado por persoal sanitario de Sergas co obxectivo de proporcionar ó alumnado nocións básicas de primeiros auxilios.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut