Skip to Content

Terceiro ciclo Primaria

5º: ENCONTROS CO AUTOR

Este curso @s alumn@s de 5º participaron na actividade "Encontros co autor", organizada pola Concellería de Educación. O libro que leron para asistir ao "encontro" foi "Avións de papel", de Xavier Estévez Ferreiro.
Foi unha boa experiencia na que os alumn@s puideron coñecer ao autor e facerlle algunha pregunta sobre a novela que acababan de ler.








 

 

6º: CAMPAÑA PUBLICITARIA

 

Para traballar a linguaxe publicitaria que mellor que unha boa campaña de difusión para dar a coñecer as ventaxas deste centro, agora que estamos en período de admisión. Estes son algúns traballos de alumn@s de 6º.

 

6º: UNHA FÁBULA DE ESOPO

A partir da fábula de Esopo, "O vento e o sol", @s alumn@s de 6º deseñaron as ilustracións para acompañala; atopade a ensinanza que transmite...

Se queredes escoitar outras fábulas utilizade este enlace.

 

 

 

 

 

 

6º: RECEITAS PARA UN BO COMEZO DE CURSO

 

A fórmula que nos propoñen os de 6º para un bo inicio de curso é unha boa receita, cociñada con agarimo, mentres admiramos os carteis que elaboraron no máis puro estilo warholiano. Non perdades detalle!! 

 

6º: VISITA Á COMISARÍA DA POLICÍA NACIONAL

 

 

@s alumn@s de 6º visitaron a Comisaría de Policía,para coñecer de preto o traballo que realizan os axentes. Pero mellor facede a visita connosco no enlace que adxuntamos!!

 

 

 
 

 

EXPOSICIÓNS ORAIS EN 6º

 


Os alumnos de 6º de primaria fixeron  unhas exposicións orais que presentaron diante dos seus compañeiros da clase. E non pensedes que é cousa fácil. Os temas foron diversos e interesantes, todos aprenderon moitas cousas novas.
Algúns axudáronse de imaxes, diapositivas, vídeos, murais...

PASOS PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN PERFECTA:

1. Escoller un tema que coñezas e que che guste.
2. Recolle información sobre o tema.
3. Podes axudarte de diversos elementos: diapositivas, imaxes...
4. Debes practicala oralmente na túa casa.
5. Tamén é importante a xesticulación.
6. Por último, expor con tranquilidade e amosando seguridade.


DÍA DO MEDIO AMBIENTE EN 6º

 

 

A idea deste traballo é a defensa dos medios de transporte público como forma de reducir a contaminación e o quecemento global. Para este fin, houbo un concurso de ideas para trípticos que fomenten o uso do BUS como medio de transporte público.

Logo gravouse un vídeo onde cada equipo defende as consignas dos  trípticos.Por último, entre tod@s os compañeir@s da clase crearon unha canción para transmitir as IDEAS do proxecto, que está no final do video.

 

 

 

6º: EXCURSIÓN FIN ETAPA

Os pasados 26, 27 e 28 de maio os alumn@s de 6º foron de excursión de fin de primaria, organizada polas nais/pais de alumn@s coa colaboración da ANPA , ao parque multiaventura "Pena Aventura Park", en Ribeira de Pena (Portugal). Alí conviviron durante tres intensos días practicando un montón de actividades: descenso en Fantasticable (tirolina de 1500 m.), Torres Multiaventura Nivel Medio, Escalada, Paintball, Canoas, Tiro con arco, Cazas do tesouro, Salto Negativo... Pasaronno en grande; revisade as fotografías e videos para comprobalo.

 

VI CONCURSO POESÍA "CÍRCULO POÉTICO OURENSÁN"

 

Os alumn@s de 6º participaron no "VI Concurso de Poesía do Círculo Poético Ourensán", baixo o lema "Sentimentos na escola". Seis destes alumn@s (Alexia Casas, Alba Vilas, Paula Cueto, Carmen Fernández, Candela Nóvoa e Mateo Cruz)  quedaron finalistas, polo que as súas poesías serán publicadas na Antoloxía que publicará o Círculo Poético no próximo curso.

A poesía de Candela Nóvoa, "Susurros de amor",  resultou merecedora do 3º premio na categoría de Primaria.

 

COLEXIOS "CURROS ENRÍQUEZ" EN CELANOVA

O pasado 3 de maio @s alumn@s de 5º e 6º asistiron á Convivencia cos colexios Curros Enríquez de Galicia que se celebra en Celanova, organizada pola Fundación Curros Enríquez.
Participaron nunha morea de actividades: visita a Castromao, Campanario do mosteiro de S. Salvador, Capela mozárabe de S. Miguel, Casa Museo de Curros, Claustros e Biblioteca do mosteiro (IES de Celanova), Igrexa do mosteiro, concerto de órgano e visita a Vilanova dos Infantes.
Comprobade o ben que o pasamos e a riqueza patrimonial de Celanova no enlace coas fotografías!!

 
Distribuir contido


by Dr. Radut