Skip to Content

Terceiro ciclo Primaria

POEMAS EN 6º

@s alumn@s de 6º seguen a expresarse en verso, lede os seus POEMAS!

5º: ENCONTROS CO AUTOR

 

Co obxectivo de poñer en contacto directo aos escolares cos escritores  e ilustradores  e dar a coñecer de preto o seu traballo

@s alumn@s de 5º participaron na actividade "Encontros co autor". Este curso leron "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" de Iria Misa.

Neste enlace tedes a guía didáctica do libro:

https://www.xerais.gal/catalogos/proyectos_lectura/XG00286601_9999967819.pdf

 

5º: POEMAS POLA PAZ

 

Sempre é tempo de promover valores pola PAZ e a CONVIVENCIA. Lede os poemas pola paz d@s alumn@s de 5º.


 

5º: GREGUERÍAS

 

Se queredes apreciar a orixinalidade e a agudeza das greguerías d@s alumn@s de 5º entrade no seguinte enlace.

 

5º: RECEITAS DE NADAL

 

 

Estas receitas que nos fixeron @s alumn@s de 5º falan do Nadal, pero teñen vixencia todo o ano porque nos falan dos valores que debemos ter presentes sempre.

 

5º E 6º DE EXCURSIÓN

No mes de xuño @s alumn@s de 5º e 6º foron de excursión para visitar os seguintes enclaves ourensáns: Castro de S. Cibrán de Lás, Piscifactoría do Carballiño e Mosteiro de Oseira. Aínda que o tempo non acompañou, puidemos cumprir todo o programa e pasalo moi ben. Revisade as fotografías e tamén os comics que elaboraron en 5º para recordar as visitas realizadas.

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a María Victoria Moreno Márquez, polo seu labor na literatura infantil e xuvenil en galego. Para conmemorar o día, @s alumn@s de 6º escribiron poemas, deseñaron caligramas e elaboraron un comic sobre a vida da escritora.
 

 

 

5º-6º: NAVEGANDO CON RUMBO

 

@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria, como nativos dixitais, recibiron unha charla sobre a seguridade na rede, impartida por un enxeñeiro informático ao que fixeron moitas preguntas. Se queredes saber de que falaron, lede as redaccións que atoparedes no enlace.

5º E 6º: REALIDADE VIRTUAL

Co obxectivo de dar a coñecer e difundir entre @s alumn@s de 5º e 6º o importante papel que xogan as diferentes ferramentas dixitais de realidade virtual, recibimos a visita dunha técnica de 123 Artes Dixitais. Enmarcada dentro do proxecto ICCKIDS, e patrocinado pola Deputación de Ourense, puidemos escoitar as aplicacións da realidade virtual e as saídas laborais que pode ter no futuro. Ademais experimentaron a sensación de primeira man usando as gafas e o móbil que lles proporcionaron na visita.

5º: VISITA Á POLICÍA LOCAL

 

@s alumn@s de 5º visitaron a Comisaría da Policía Local, onde lles deron unha charla sobre temas moi interesantes. Se queredes saber máis sobre os temas tratados, facede clic nos enlaces!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut