Skip to Content

Segundo ciclo Primaria

4º PRIMARIA: "SOMOS CIENTÍFICOS"

 

En 4º realizamos moitas experiencias que nos demostran que o dito "a experiencia é a nai da ciencia" é totalmente certo. Se queredes participar dos nosos experimentos, entrade na galería de fotografías!

 

3º: POLO MEDIO AMBIENTE

 

No laboratorio de 3º o mesmo estudan a estrutura da flor como montan un viveiro de árbores. A partir de sementes de castiñeiro obterán os exemplares que logo serán transplantados para contribuir á reforestación do noso monte, con especies autóctonas coma o castiñeiro.

 

 

 

IX CERTAME "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

O venres 27 de abril tivo lugar a entrega dos premios da IX edición do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo, en Santiago de Compostela. Fíxose entrega das 12 xoias aos gañadores, premiados entre os 80 finalistas. As xoias foron realizadas segundo os debuxos dos xóvenes deseñadores.

Participaron máis de 10.000 debuxos de nenos e nenas de toda Galicia, o que fixo moi difícil o labor do xurado que tivo que escoller só 80, 20 en cada categoría e logo 3 gañadores en cada categoría.
O debuxo de Noelia, alumna de 4º do noso colexio, quedou entre eses 80 finalistas. Noraboa polo teu traballo!!

 

Se queredes ver os traballos finalistas mirade neste enlace.

3º: DÍA MUNDIAL DA AUGA

O 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga, para recordar a importancia do seu coidado. Este ano Nacións Unidas elexiu como lema principal “Nature for Water” e invítanos a protexer aquelas solucións que xa existen na natureza e que serven para coidar da auga, como son os humedais, clave para a conservación da biodiversidade, as árbores que reteñen auga, e moitas máis.

@s alumn@s de 3º experimentaron coa auga para comprobar dúas das súas propiedades: a tensión superficial e a capilaridade, que fan que a auga ascenda polos panos de papel ata igualar os niveis dos dous vasos.

 

3º: ESTACIÓN METEOROLÓXICA

 

 

Co obxectivo de traballar a recollida de datos das distintas variables do tempo atmosférico, @s alumn@s de 3º saben de primeira man o que é un pluviómetro e un viraventos, ademais de manexar o compás para de onde sopra o vento.

 

 

 

3º: O RELEVO

 

 

No seu laboratorio de ciencias @s alumn@s de 3º elaboran os seus traballos para "construir" a aprendizaxe sobre diversos temas.

Se queredes repasar os elementos do relevo de costa e de interior, nada mellor que estas maquetas elaboradas por eles. Podedes observalas con detalle na galería fotográfica.

 

 

4º: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día do Medio Ambiente, e @s alumn@s de 4º, que fixeran unha plantación de nogueiras no patio do colexio, levaron cadansua nogueira para plantalas nas súas fincas e poder comer noces dentro duns anos. Un xeito nutritivo de coidar o medio ambiente e contribuir á redución do efecto invernadoiro!!

 

3º: O RELEVO

 

Se queredes aprender algo sobre as formas de relevo das paisaxes de costa e de interior, nada mellor que con estas maquetas tan cheas de colorido que elaboraron @s alumn@s de 3º!!!

 

3º E 4º: SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA

 

Dentro da programación para Escolares Afundación, estivo en Ourense "Sandra e Meirol en Xistralia", dos Gaiteiros da Xistra. Música popular e teatro en galego para 3º e 4º de primaria.
 Meirol, un amigo, un músico, un caracol, acompañará a Sandra nunha viaxe chea de sorpresas e atrancos. Ambos xogarán cos instrumentos musicais tradicionais e cos Fastudos, coñecerán un novo mundo máxico onde conviven meigas e dragóns, cantarán e bailarán ao son de muiñeiras, xotas ou pasacalles, e mesmo a propia Sandra estará a piques de ser raptada por Terco, o malvado dragón de dúas cabezas!


Algún dos nos@s alumn@s participaron na posta en escena. Fai clic na foto, a ver se os descubrides!!

 

4º NO IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES

 

Recentemente o curso de 4º participou nunha exposición sobre o "IV Centenario da morte de Cervantes" que se celebrou no CEIP Santa Ana de Cuenca. A colaboración consistiu na tradución ao galego do primeiro capítulo de "Don Quijote de la Mancha".

Pois agora, co traballo realizado fixeron a súa propia exposición no corredor do colexio: revisade as fotrografías e o pdf para ver un traballo ben feito!!

           

Distribuir contido


by Dr. Radut