Skip to Content

Educación Infantil

AUTORRETRATOS E. INFANTIL

En Infantil de 5 anos fixeron cadanseu autorretrato: fai clic na fotografía e a ver se os recoñecedes....

                                  

DÍA DA PAZ 2013

                       

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio.

Fixemos un mural coa silueta da pomba remarcada con figuras de corazóns, que picaron e colorearon os nen@s de Infantil.

 

 

 

 

 

Tamén decoramos a entrada do colexio con móviles pendurados do teito con forma de corazón (que aproveitamos da árbore de Nadal)

                    

E traballamos na semana da Paz a canción “El barquito de papel”.

OS REIS MAGOS PASARON POLAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Como podedes observar nas fotografías, os Reis Magos acordáronse dos alumnos de E. Infantil do colexio, que a mañá do martes abriron con moita expectación os regalos que lles deixaron.

                        

                                                

 

CONTACONTOS POLO NADAL

Hoxe, para celebrar o Nadal, achegouse ó colexio o Apalpador para contarnos as súas historias. Todos os alumnos do centro puideron disfrutar da súa visita.

 

O NADAL NO COLEXIO

Chega o Nadal e os alumnos/as de Educación Infantil adornan o noso colexio cos abetos que elaboraron coas súas familias.

 

 

Tamén colaboran os alumnos/as de 2º de Primaria coas súas árbores de plastilina. 

                                                                                        

Distribuir contido


by Dr. Radut