Skip to Content

Educación física

2º-3º PRIMARIA: XOGANDO AO ATLETISMO

O pasado 9 de febreiro acudimos a pista de Expourense para participar no "Xogando ao atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.

Asistiron25 alumn@s de 2º e 3º de Primaria, na categoría de benxamín mixto. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.

A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas. Esperamos repetir o curso próximo!

CAMPO A TRAVÉS-FINAL COMARCAL

Na fase comarcal da competición de Campo a Través organizada dentro do ámbito de Xogade, participaron vari@s dos nos@s atletas que clasificaron previamente na fase escolar. Moi boa participación de tod@s @s atletas de Curros, xa que Irene (1ª), Daniela (2ª) e Xiana (4ª) (benxamín), Ángel (8º alevín) e Daniel (11º infantil) clasifican para a final provincial que se celebrará o vindeiro 11 de febreiro en A Rúa. Noraboa a tod@s!!

CAMPO A TRAVÉS 2022

Na mañá do xoves 15 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. Acudimos con 100 atletas, dos que resaltamos un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 1º e 4º  postos de Irene Soto Pérez e Daniela Ramos Castro en Benxamín feminino; o 4º posto para Hugo Fernández Pérez en Benxamín masculino; o 4º posto para Ángel Orbán Vieitez en Alevín masculino e o 3º posto para Sofía González Silva en infantil feminino.

Podedes consultar a clasificación no PDF adxunto.

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

PRIMARIA PATINANDO SOBRE O XEO!

@s alumn@s de 1º a 6º de Primaria asistiron á pista de patinaxe sobre xeo que está situada no Centro Comercial Pontevella. Contamos coa colaboración da ANPA nesta actividade.
Mirade que ben o pasamos!!

XOGANDO AO ATLETISMO EN SPORTUR

O24 de novembro participamos na actividade "Xogando ao atletismo", que se celebrou en Expourense, coincidindo con Sportur. Asistimos cos alumn@s de 4º e 5º de Primaria, que competiron nas modalidades de velocidade individual, lanzamento de balón medicinal, lanzamento de vórtex, salto lateral e relevos. Ademais puidemos visitar os expositores e actividades deportivas que se promocionaban en Sportur.

A participación foi todo un éxito, tanto polos resultados como polo clima de participación e "competición sen presión", na que todos acadamos o obxectivo de PARTICIPAR!!!

 

   

SAN MARTIÑO 2022

Moit@s atletas do CEIP Curros Enríquez participaron na última edición da "San Martiño", que se celebrou o pasado 20 de novembro. Noraboa a tod@s @s participantes nesta festa do deporte.

6º PRIMARIA: PIRAGÜISMO EN CASTRELO DE MIÑO

O pasado 19 de maio asistimos á actividade de Piragüismo-Dragóns que se desenvolveu nunha embarcación DB22, no Parque náutico de Castrelo de Miño, organizada dentro do programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte. Un día perfecto para o deporte náutico, con moita calor, no que puidemos poñer a proba as destrezas como palistas d@s alumn@s de 6º. 

FIN DO 2º PERÍODO DE REPARTO DE FROITA

Rematou o 2º período de reparto de froita, volveremos o curso próximo para contribuir á adquisición de hábitos alimentarios sans e saudables!!

3º-4º PRIMARIA: XORNADA DE TECNIFICACIÓN DE HOCKEI

Para promover hábitos de saúde participamos nas xornadas deportivas de tecnificación de hockei, que se levaron a cabo nas instalacións de Expourense, dirixidas polo persoal técnico da Federación Galega de Hockei.

2º a 5º PRIMARIA: "XOGANDO AO ATLETISMO"-FINAL PROVINCIAL

O pasado 17 de marzo desplazámonos á pista de atletismo de Expourense para participar na fase final provincial da modalidade "Xogando co atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.

Asistiron 50 alumnos de Primaria, de 2º a 5º, nas categorías de benxamín, alevín e infantil, tanto feminino como masculino. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto de altura, salto horizontal, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.

A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas.

Distribuir contido


by Dr. Radut