Skip to Content

Terceiro ciclo Primaria

BIBLIOTECA:CITA A CEGAS CUN LIBRO PARA SAN VALENTÍN

Dende a biblioteca queremos estimular o gusto dos rapaces pola lectura. Agora que estamos dentro do PLAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ) trataremos de ir lanzando propostas que os animen a achegarse ao mundo dos libros.

Para este San Valentín a idea é citarnos cun libro descoñecido que irá envolto e terá mensaxes que nos conviden a lelo. Poden falar do argumento, dos personaxes ou das razóns polas que deberiamos escollelo. Primeiro podemos investigar sobre a orixe desta celebración de San Valentín e criticar o consumismo que a rodea. Despois tocaría escoller os libros partindo da invitación que nos ofrece cada un.

5º: ENCONTROS COA AUTORA_Antía Yáñez

@s alumn@s de 5º de Primaria recibiron a visita da autora de "Plan de rescate", Antía Yáñez, dentro do programa de animación á lectura promovido polo Concello. Puideron preguntarlle as súas inquedanzas sobre os personaxes e sobre a aventura que protagonizan!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia,@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron na charla virtual impartida pola investigadora na área de Prehistoria da UVigo, Andrea Mouriño. Repasaron os principais puntos da provincia de Ourense con pegadas prehistóricas e debuxaron a súa representación da Arqueoloxía.


ENTREGA PREMIOS "GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP"

O pasado 1 de febreiro celebrouse a entrega de premios virtual aos gañadores do concurso "Galicia, auga, literatura e rap" organizado por Prensa Escuela de La Voz de Galicia e Viaqua.
Como xa sabedes as alumnas de 6º, Olalla, Grettel, Sabela e Elena foron merecedoras do 1º premio infantil, polo que se lles obsequiará cun Ipad a cada unha e un portátil para a clase. No vídeo podedes ver todos os traballos gañadores nas distintas categorías e as entrevistas ás participantes.
 

6º: FINALISTAS "Galicia, auga, literatura e rap"

Publicamos agora os outros dous vídeos finalistas d@s alumn@s de 6º que participaron no concurso "Galicia, auga, literatura e rap" do Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia e Viaqua.

Son as versións rapeadas dos poemas "Descuberta", na obra “De catro a catro”, de Manuel Antonio  e “A Rosalía” de Manuel Curros Enríquez.

 

 

5º: FELICITACIÓN POLÍGLOTA POLO NADAL!

  Os alumn@s de quinto queremos que a nosa felicitación chegue a todos os rincóns do mundo; por iso somos capaces de facelo en diferentes idiomas.
BO NADAL!!
 

 

ALUMN@S 6º: 1º PREMIO "Galicia, auga, literatura e rap"

@s alumn@s de 6º (cursos 2019/20 e 2020/21) participaron no concurso de vídeo "Galicia, auga, literatura e rap" do Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia e Viaqua.

Presentaron varios vídeos e tiveron que superar unha primeira fase, resultando finalmente gañador na categoría infantil o vídeo de Sabela Fernández Fariña, Elena Moreno Poveda, Grettel Pazos Celi e Olalla Sánchez Gómez, coa súa versión rapeada do poema “Os cóbados n-o barandal” de Manuel Antonio. Noraboa a todas!!! Desfrutade do vídeo!

NOTA: Iremos publicando o resto de vídeos que participaron no concurso

 

5º/6º: Obradoiros online SEGURIDADE EN REDES

O alumnado de hoxe coñécese como a xeración dos nativos dixitais. A súa vida social e a súa historia xiran ao redor das redes sociais e as comunicacións online, o que se viu reforzado polos últimos acontecementos vividos. Con todo, esta xeración descoñece moitos dos aspectos relacionados coa pegada dixital, os datos e a privacidade, arriscándose a que a súa información se use en beneficio doutras persoas.

Por todo iso, participamos nos Obradoiros online SEGURIDADE EN REDES AfundaciónTV, para adquirir os coñecementos necesarios sobre seguridade en redes.

En formato virtual e sen necesidade de moverse da aula, un equipo de hackers profesionais desenvolveu estes obradoiros, demostrando o sinxelo que é acceder á información privada e achegando ferramentas e hábitos adecuados para facer da nosa contorna dixital unha contorna segura.

CONCURSO "OCÉANOS QUE UNEN"

 

 Na conmemoración do Día Mundial dos Océanos (8 xuño) o Campus do Mar convocou «Océanos que unen», un concurso de debuxo e fotografía orientado a toda a familia (nenos, adolescentes e adultos) baixo a temática única que dá nome ao concurso.

Neste concurso participaron Noelia e Genma Castro, acadando Noelia (6º Primaria) o 3º premio do concurso «Océanos que unen».

 

6º: POEMAS DO 1º TRIMESTRE

@s poetas de 6º seguen expresando os seus sentimentos a través da poesía. Aquí van os traballos que fixeron no primeiro trimestre do curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut