Skip to Content

Equipo Normalización Lingüística

VENRES 3 MARZO: "Quero contarche un conto"

ENDLG: CURROS NO PORTAL DA LINGUA

 ESTAMOS DE NORABOA! O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Curros Enríquez conseguiu a publicación na páxina do Portal da Lingua Galega de dúas das súas iniciativas. En nome deste equipo queremos agradecer á Coordinadora provincial dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Ourense a súa consideración e axuda para poder publicar os nosos materiais, desexando que estes sexan de utilidade para toda a comunidade e en especial que axuden a darlle pulo á nosa lingua.

Velaquí as dúas iniciativas que podedes visitar no Portal da Lingua (https://www.lingua.gal/portada)

 

ENDLG: "Recomendacións de lectura para o Nadal"

Para este Nadal o Equipo de Normalización e dinamización da Lingua Galega recoméndanos as lecturas recollidas na guía que adxuntamos en pdf, clasificadas por ciclos e tamén para as nais/pais. A desfrutar da lectura mantendo viva a  nosa lingua!!

ENDLG: "QUERO CONTARCHE UN CONTO"

Fai clic na imaxe para ver a proposta do Equipo de Normalización Lingüística.

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Curros Enríquez desenrolará a actividade interxeracional “Quero contarche un conto”. Esta actividade achegará a nosa tradición literaria oral aos nenos e nenas, fomentando o uso do galego, á vez que se estreitan os lazos familiares, poñendo en valor a figura dos nosos maiores.

 

Para o seu desenvolvemento precisamos da axuda de avós, avoas, bisavós e bisavoas dos nosos nenos. A súa participación consistirá en contar un conto ou unha lenda en galego aos nosos alumnos en horario lectivo.

 

Os interesados deberán cubrir o seguinte impreso e cada alumno/a entregarallo ao seu titor ou titora.

 

Nome do relator:

 

Nome do alumno/a e curso:

Grao de parentesco co alumno/a:

Título do conto ou lenda:

Teléfono de contacto:

 

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

 

SAMAÍN 2022

   

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Este ano a conmemoración das Letras Galegas está adicada ao autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Nas fotos e vídeos podedes ver os actos celebrados no colexio para comemorar as Letras Galegas, centradas na figura deste autor comprometido coa súa terra e coa defensa dos valores democráticos.

DÍA DE ROSALÍA 2022

A partir deste curso toca conmemorar a Rosalía de Castro o 23 de febreiro, data do seu nacemento.

O ENDLG deseñou un photocall cos datos biográficos da nosa autora máis senlleira e coa súa obra máis importante.

Non quedou ninguén sen fotografar con Rosalía!!

"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."

Rosalía de Castro

 

SAMAÍN 2021

                                                                        

                                                                 

POEMAS ALEATORIOS

 

Na semana das Letras Galegas fixemos entre todos (dende 4º de infantil ata 6º de primaria) un panel  coa  portada do libro de Xela Arias ” Denuncia do equilibrio” para xogar cos Escornabots. A dinámica consistía en que cada cadro do mural tiña unha letra ou un número polo que se xeneraba un código alfanumérico que se correspondía cuns versos da obra de Xela Arias.
Deste xeito cada aula formaba unha combinación aleatoria destes versos formando un poema. De todos estes poemas o claustro de profesores elexiu un, e  resultou gañador o de 3º curso de primaria. Agora, este poema decora  os banzos das escaleiras do edificio principal.

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: "Xela Arias co código"

     
                                                                                                  
     
Distribuir contido


by Dr. Radut