Skip to Content

Entradas recentes

SEMANA DO LIBRO 2024

 

Na semana do Libro o Equipo de Biblioteca propuxo varias actividades para animar á lectura aos nos@s alumn@s:

TRIVIAL LITERARIO DE CÓMIC E MANGA
APADRIÑAMENTO LECTOR
BIBLIOCARRO NOS RECREOS

PITIÑOS NO COLEXIO!!!

Como o ano pasado resultou tan exitosa esta experiencia repetimos para ver a evolución dos pitiños dende a eclosión do ovo ata que adquiren autonomía. Se queredes ver toda a evolución da incubación do ovo podedes revisar a nosa páxina web en https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurrosourense/?q=node/1086

 
 

6º INFANTIL: VERBATECA - LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do Concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de 6º de infantil.
Xogando traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas...

 
 

2º/4º/6º: APRENDO A LER O QUE COMO

Científic@s da UVigo dirixiron varios obradoiros encamiñados a conseguir que o noso alumnado saiba escoller alimentos saudables a través da interpretación das etiquetas!

 
 

AUDICIÓN DE ALUMNADO DO CONSERVATORIO

@s alumn@s do Conservatorio mostráronnos como soan os instrumentos das diversas familias para animar ós nos@s nen@s a completar a súa formación musical no CMUS de Ourense.

3º e 4º PRIMARIA: Pupas, sustos e outros disgustos!

@s alumn@s de 3° e 4° de Primaria participaron neste obradoiro organizado polo Sergas co obxectivo de adquirir coñecementos básicos de primeiros auxilios e dar resposta a situacións de emerxencia...

PLAN DIRECTOR E CIBERSEGURIDADE

Dentro do Plan Director desenvolvido pola Policía Nacional está a formación d@s nos@s nativ@s dixitais de 6º de Primaria en Ciberseguridade para  que poidan navegar na Rede sen riscos. Despois de varias charlas no centro o alumnado participante recibiu un diploma que foi entregado nas instalacións da Comisaría. Grazas por axudarnos a formar ós nos@s alumn@s!!

REPARTO LEITE 5 ABRIL Ó 3 MAIO

Como xa sabedes este curso continuamos o Programa escolar    
de Froitas e Leite, subvencionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
No período comprendido dende o 5 de abril ó 3 de maio repartiremos nos recreos leite en envases de 200 ML entre o alumnado de Infantil e Primaria.
AVISADE SE HOUBERA ALGUNHA ALERXIA OU INTOLERANCIA (TAMÉN HAI UNIDADES DE LEITE SEN LACTOSA SE FORA NECESARIO).
AS COMUNICACIÓNS A TRAVÉS DAS TITORAS/ES OU NO CORREO ceip.curros.ourense@gmail.com

 

 

PUNTO LARANXA

No mes de xaneiro, a Consellería publicou o Plan integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar , co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos.

Para denunciar os casos que se coñezan, estarán á disposición da comunidade dúas ferramentas :

1. O primeiro é Punto Laranxa Físico,  unha Caixa de color laranxa que estará situada ao carón da Conserxería, na entrada ao centro (planta baixa), onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

 Aínda non está dispoñible.

2. Punto Laranxa Virtual na web do centro. Neste espazo, xa dispoñible, hai un formulario para facer o mesmo;  de xeito anónimo,  denunciar calquera caso de acoso ou ciberacoso que coñezamos.

Está situado na banda esquerda da web, debaixo do reloxo e é un recadro laranxa; ao picar ábrese un formulario para encher e enviar.

O equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), equipo formado por docentes do centro,  revisará todos os días estes dous espazos para poder actuar con máis rapidez e dilixencia nos posibles casos e establecerá as medidas necesarias para unha rápida intervención.

O formulario é anónimo pero é imprescindible que a comunidade entenda que é unha ferramenta seria, que debe indicar o nome da/s vítimas e agresores se o coñecen,  ou dar os detalles que permitan ao equipo ACAE localizalos. Se unha solicitude de axuda non leva estes datos, non será, loxicamente, moi efectiva.

8M_2024: Día Internacional da Muller

Este ano @s alumn@s de 4º, 5º e 6º de Primaria dramatizaron as biografías de mulleres senlleiras polas súas achegas a nivel científico, artístico, social, cultural ou político, e representáronnas diante dos máis pequen@s. Souberon captar á atención de tod@s e coñecimos as aportacións destas grandes mulleres para o avance da sociedade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut