Skip to Content

ENDL

Foliada de Tenorio

 

Aquí vos deixamos a seguinte cantiga.

 

 É unha foliada, palabra que significa festa na que a xente reúnese para tocar, cantar e bailar, pero,  tamén, foliada úsase para designar un xénero musical parecido á xota (con un tempo máis pausado e unha parte instrumental e outra cantada, falando en termos moi xerais).

 

A foliada de Tenorio foi tocada por os recoñecidos Gaiteiros de Soutelo, con Avelino Cachafeiro, un dos gaiteiros máis prestixiosos na historia da nosa gaita.

Cantigas

 

Outra semana máis e outra cantiga nova.

 

Xa que pasou o San Martiño,  e xa botamos os trompos ao camino e algúns,  xa mataron o seu porquiño, decidimos pór esta cantiga tan apropiada para estas datas.

 

Resultavos coñecida? Esperamos que así sexa.

 

CANTIGAS

Este curso, como outros cursos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxemos en marcha o noso taboleiro.

 

Desta vez, decidimos que o tema a tratar ían ser as cantigas tradicionais galegas. Esas cantigas que adoitaban cantar os nosos maiores cando estaban de festa, xa sexa na casa ou nas tabernas.

 

Seguro que moitas delas vos soan moito e pode que algunha vez tamén as cantarades.

    

 

 

Ademais, como este ano temos como proxecto de centro o tema do bosque, buscamos que algunhas das coplas ou dos retrousos puideran estar relacionados con este tema.

 

Para levar adiante isto, decatámonos de que o noso alumnado non coñece moitas destas cantigas, así que pensamos que vós poderiades botarlles unha man para resolver a adiviña.

 

Aquí tedes a cantiga da próxima semana, a ver se sodes quen para atinar con ela.                                                  Picade eiquí.

 

Samaín 2018

 Un ano máis no noso Centro celebramos a festividade do Samaín este 31 de outubro. Esa tradición que nos deixaron os Celtas e que aquí e en Irlanda, e a onde foron os irlandeses, seguiu festexándose e, evolucionando, en cada País dunha maneira particular.

 Estas son algunhas das fotos da nosa exposición de cabazas feitas polas familias:

 

    

 

Tamén puidemos saborear os estupendos doces que prepararon as familias.

 

    

   

Desta vez, como vén sendo habitual, as familias participaron arreo facendo marabillosos traballos coas cabazas. Así que decidimos outorgar os premios ás mellores cabazas tendo en conta tres criterios distintos: a  orixinalidade, a tradición e as que deran máis medo.

 Aquí tedes @s gañadores deste certame.

 

 

 

Grazas a tod@s pola vosa participación. EDLG.

 

 

Celebramos o SAMAÍN

 O 31 DESTE MES CELEBAREMOS O SAMAÍN NO COLEXIO. COMO XA SABEDES É UNHA FESTA DE ARRAIGO EN GALIZA. SE CLICAS NA IMAXE, PODERÁS APRENDER MAIS SOBRE AS ORIXES DESTA CELEBRACIÓN. NON TEÑAS MEDO¡

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut