Skip to Content

Aliméntate ben, Paisaxe e sustentabilidade

INFORMACIÓN PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN

Este vai ser o terceiro ano que participemos no Plan Proxecta “Aliméntate ben” que como xa sabedes ten como obxectivo fomentar hábitos saudables na comunidade escolar. Xa están chegando ás familias do Coutada LIMÓNS das nosas árbores froiteiras para que nos digan en que se empregan nas dietas diarias e nolo ensinen con fotos. E o próximo luns 18 arrancamos co primeiro reparto de froita deste curso escolar; durará dúas semanas e comeremos mazás, plátanos, kiwis, peras e mandarinas (pode que tamén amorodos). No meses de ABRIL e MAIO repetiremos.

 

A polas FROITAS que nos protexen e nos dan enerxía

 

Proxección final do proxecto: O BOSQUE.

Rematamos un ano cheo de investigacións arredor do BOSQUE no que se integrou todo o centro. Na mañá de hoxe xuntámonos na aula de audiovisuais para poñer en común todo o traballado a través da seguinte proxección.

Tamén aproveitamos para facer entrega dos premios convocados pola Biblioteca ao longo do curso e aos participantes na obra de teatro do Equipo de Dinamización da Lingua. PARABÉNS A TODOS E TODAS! 

Podedes ver as fotos dos premiados e premiadas AQUÍ.

 

 

Gran premio final do reto Aliméntate Ben!

Aquí vos deixamos cun marabilloso recordo do noso máis que merecido premio. Non hai como sumar a actividade física a unha boa alimentación para sentirnos ben, por iso este premio non podía ser outro Guiño

Animádesvos a facer a ruta? Os mozos e mozas de 6ºA poderían ser xa os e as vosas guías!

Dende o equipo deste Plan Proxecta, despedímonos deica o curso próximo. Contamos convosco para seguir medrando! Grazas pola vosa implicación Sorriso

139 receitas con froita!

E imos chegando á fin deste primeiro Plan Proxecta arredor da alimentación e o consumo de froitas.

Nesta ocasión pechamos xa a nosa proposta de receitarios saudables que con tanto esmero traballastes nos vosos fogares. Para todos e todas vós vai este vídeo como agradecemento!

Almorzos Saudables -marzo e abril 2019-

Como ben sabedes, hai unhas semanas, varias aulas do cole participaron nunha proposta da Consellería de Sanidade enmarcada no desenvolvemento do noso Plan Proxecta: Aliméntate Ben.

Nesta ocasión centrámonos no traballo da importancia de facer un almorzo saudable, de acordo coas necesidades do noso grupo de idade.

A experiencia foi moi positiva, pois todos e todas descubrimos a verdadeira importancia que ten un almorzo adecuado para levar mellor a nosa xornada escolar e render debidamente nas nosas tarefas escolares.

Agardamos que tomarades boa nota para continuar este hábito cada mañá!

Aquí vos deixamos cun vídeo resumo da actividade:

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut