Skip to Content

2º Primaria

INSTRUMENTOS MUSICAIS TRADICIONAIS

No curso de 2° de primaria adicámoslle un tempo a coñocer as tradicións na nosa cultura. Cada mes aprendemos algo do que nos deixaron os nosos devanceiros e que, grazas ao esforzo de moita xente, segue a estar vivo entre nós ( os Ranchos de reis, o Entroido, a Reconquista, os Maios, San Xoán,...).

O mes de abril adicámosllo aos nosos instrumentos tradicionais, e fundamentalmente á gaita.

 

Aquí deixámosvos un anaquiño da nosa experiencia.

 

 

 

 

 

 

Visita ao museo Liste.

O alumnado de 2° estivemos no Museo Liste, alí podemos coñecer algunhas das ferramentas que utilizaban en distintos oficios tradicionais.

Tamén escoitamos os sons asociados a eses oficios.

Unha saída moi interesante!

Fai clic.

Excursión ao Castro de Vigo

O alumnado de 2º estivemos visitando o Castro da nosa cidade.

Dentro do proxecto do noso centro, neste curso: "Vigo", a nosa aula está a estudar a cultura castrexa, o seu legado e o castro situado no monte do Castro.

A experiencia foi moi interesante, xa que aprendimos moito sobre a Idade de Ferro,  como vivían e o que facían a poboación nesta época.

Tamén visitamos a fortaleza e puidemos ver as fermosas vistas que hai da nosa ría.

 

Reciclamos

A importancia de reciclar

O alumnado de 2º empezamos o curso pasado a reciclar o papel que sobraba na aula, deste xeito conseguimos salvar a algunhas das nosas árbores de acabar nunha celulosa.

 

 

   

 

Neste curso, despois de ver como o cambio climático está presente no noso planeta, e estando informados das consecuencias que a contaminación por plásticos provoca nos nosos mares, fixemos un mural para concienciarnos do desastre que trae as toneladas de plásticos que nos rodean.

Sabedores deste grave problema, empezamos a reciclar o plástico que traemos nas nosas merendas.

 

 

Se todos facemos un pequeño esforzo, poderemos conseguir un mundo mellor.

 

 

 

 

              

 

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut