Skip to Content

2º Primaria

O noso carballo

O noso carballo vai medrando. Aquí tedes o froito do noso traballo, para que todos nos concienciemos na importancia de ter nos nosos bosques árbores autóctonos.

 

Traballo de horta de 2º

APRENDENDO A CULTIVAR NA NOSA HORTA

Chegada a primavera e o bo tempo, o alumnado de segundo puxémonos mans a obra,  e xa que estabamos a traballar o tema das plantas,  que mellor que facer unha plantación na horta da escola.

Fixemos os regos, onde puxemos as nosas plantas de Semprevivas, tapámolos e quedou preparada. Todos os días encargámonos de regar a nosas plantas. Tamén quitamos as malas herbas que van medrando ao  redor.

  

Frases para pensar

Neste curso,  na materia de valores éticos, o alumnado de 2º estivemos a traballar distintos temas que nos valeran para establecer unha mellor convivencia entre tod@s.

En cada sesión traballamos unha frase, pensabamos que queriamos transmitir con ela, a escribiamos e decorabamos a nosa páxina. Así, fixemos un pequeno libro co título: “Frases para pensar”. Nel recollemos  todo este traballo co que quixemos incidir nunha mellor actitude cara a amizade, a empatía, a diversidade, a inclusión, a non violencia,…

 

 

NOVAS ESCRITORAS E ESCRTORES

O alumnado de 2º de primaria na hora de ler fixeron contos e libros . Aprendemos a contar historias a investigar sobre distintos temas e  a ilustrar os seus propios contos. Tamén aprendemos a ler as nosas historias aos compañeiros e el@s aprenderon a escoitarnos e tod@s  valoramos moito máis o traballo de tod@s e así, podemos fomentar o gusto por facer este tipo de traballos. Esta é unha pequena mostra dos seus traballos.

 

    

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut