Skip to Content

PT e AL

iNICIATIVAS EDUCATIVAS COVID 19

     No seguinte documento faise unha recopilación dalgunhas iniciativas educativas e doutros recursos xa existentes que ofrecen material das distintas áreas curriculares (videos, xogos, APPs, material imprimible...)

 

FAI CLIC AQUÍ.

CORONAVIRUS

PAUTAS PARA TEMPOS DE CORONAVIRUS

 

Ante a actual situación de emerxencia que estamos a vivir vémonos na obriga de quedar na casa como medida preventiva para tratar de conter e mitigar a infección.

Iso está a darlle a volta á nosa existencia. Estamos ante unha situación totalmente descoñecida para todos nós. De repente todo cambia e pasamos a quedar pechados na casa sen poder saír. A todo iso debemos sumarlle as situacións persoais, a preocupación e o sentimento de angustia que xera este escenario tan estraño que parece máis propio dunha película de ficción.

Estas circunstancias excepcionais piden que demos respostas excepcionais. Temos que buscar fórmulas para organizarnos e manter a calma e ao mesmo tempo facerlles entender aos nenos e nenas que é imprescindible respectar o confinamento na casa así como a distancia social para vencer ao COVID-19.

 

Nesta conxuntura hai unha serie de cousas que podemos facer para soportalo mellor. A continuación expoñemos algunhas que poden axudarnos.

  • Explicarlles aos rapaces e rapazas a situación que estamos a vivir e o que podemos facer para combatela. Debemos facelo con sinceridade e evitar dar excesivos detalles que poidan acrecentar o seu medo.

  • Buscar momentos e espazos para falar tranquilamente sobre os seus sentimentos e medos e tamén os nosos.

  • Debemos facerlles entender a importancia do que están a facer e recordarllo explicitamente ao longo dos días de confinamento,para que sintan que están contribuíndo a axudar á sociedade e contribuíndo a que haxa menos xente que se poña enferma.

 

  • É aconsellable poñer medios para loitar contra o illamento. Non podemos saír nin relacionarnos normalmente, pero si facer o posible por sentirnos cerca das persoas queridas e para que os que queremos sintan que estamos aí. Por iso  é importante chamar con frecuencia aos nosos familiares, especialmente aos maiores, e manter un contacto próximo con eles/as desde a distancia.Unha boa idea é organizar unha reunión virtual a través dunha video-conferencia con familiares ou con amigos. 

  • Explicarémoslle tamén que, a pesar de que non temos que ir a escola, isto non son vacacións. Por ese motivo, procuraremos seguir unhas pautas e rutinas.

 

  • Tentar manter uns horarios para levantarnos, almorzar, asearnos, vestirnos, facer tarefas escolares, xogar...

  • Na planificación diaria é convinte reservar as horas centrais das mañás para facer tarefas escolares. Iso si, non podemos pretender que se manteñan nelas tanto tempo como cando están na escola.

  • As familias debedes evitar unha excesiva auto-esixencia sobre o voso labor. Non sodes docentes, nin debedes pretender selo. Simplemente trátase de acompañar aos vosos fillos/as, cando vos sexa posible, repasando, facendo algunha tarefa educativa ou levando a cabo o traballo acordado co profesorado. E recordade, non estades sos nesta tarefa. 

  • Para que asuman responsabilidades é convinte pedirlles aos nenos/as que colaboren, segundo á súa idade, na realización dos labores do día a día que poidan facer: ordenar a habitación, poñer a mesa, regar as plantas, etc. Este pode ser un bo momento para fomentar valores como a cooperación, o cumprimento de normas, a responsabilidade, o respecto e a solidariedade.

  • Este confinamento pode ser un bo momento para rescatar algúns xogos que se practican menos, como os xogos de mesa en familia.

  • Procurade favorecer e fomentar o desenvolvemento dos seus talentos, animándoos a que realicen actividades do seu gusto para ocupar o seu tempo libre: ler, cantar, escribir, debuxar, facer crebacabezas, construcións, modelar, tocar un instrumento, realizar actividades manuais, bailar, cociñar connosco, facer exercicio físico, etc.

  • Evitade que as pantallas e as redes sociais ocupen a totalidade do seu tempo. É importante controlar o tempo que lle adican e que fagan un uso responsable delas.

  • Lembrade que non é preciso mantelos todo o tempo ocupados. Non pasa nada si se aburren un rato. Está comprobado que o aburrimento desenvolve o pensamento propio, a imaxinación e a creatividade. Dádelle a oportunidade de poñer en práctica os seus propios recursos e de idear os seus propios xogos, plans e proxectos cando non hai unha actividade dirixida para ocupar o seu tempo.

 

Dende o Departamento de Orientación lembrámoslles que non están sós e que poden comunicarse con nós a través de:

  • Mensaxería Abalar

  • Correo electrónico: popocho62@edu.xunta.es

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut