Skip to Content

Aliméntate ben 2

Corresponde ao curso 2019-20

Cociña con amorodos.

BOS DÍAS.

Hoxe, no centro, dentro do proxecto de froita escolar, fixemos unha receita con aqueles amorodos que nos sobraron do día anterior.

Os nenos e nenas foron á cociña do cole a elaborar esta receita. Déixovos unhas imaxes de proba e tamén a receita.

Receita.

Amorodos con vinagre.

Necesitamos 1 kg de amorodos.

Dúas culleradas colmadas de azucre.

Dúas culleradas de vinagre (mazá ou viño).

Cortamos os amorodos en anacos pequenos. Botamos o azucre e o vinagre e remexemos.

Logo, remexeremos cada 30 minutos ata completar as 3 horas de maceración.

A degustar.

    

  

Unha saborosa recomendación lectora

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                  Hoxe os nenos e as nenas de Educación Infantil escoitaron un conto sobre unha pequena chamada Paula a que lle custou bastante collerlle gusto as saborosas froitas. Disfrutaron tanto da historia que vola queren RECOMENDAR Guiño

 

 

XA TEMOS MASCOTA

Bo día a tod@s, temos moi boas noticias. Premede na imaxe e escoitade aos voso@s compañeir@.

 

Buscando MASCOTA

O venres o alumnado de EI deunos unha gran sorpresa. Andan á procura dunha mascota para o proxecta ALIMÉNTATE BEN 2019/2020. O alumnado de 5º e 6º comprometeuse a deseñar unha. Aí vai o video.....

UN MES, UNHA FROITA

Hoxe alumnado e profesorado  do Coutada puxemos en marcha o proxecto "Un mes, unha froita". Seguindo a liña do curso pasado, tentaremos aumentar a inxesta de froita para estar máis fortes e saudables. Nos meses de febreiro e maio recibiremos durante dez días FROITA FRESCA GRATUÍTA do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), pero mentras non chega Fresquiña, a nosa mascota, proporá cada mes unha froita para que tod@s a disfrutemos na hora do recreo. Empezamos pola MAZÁ...A POR ELA!

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut