Hoxe os nenos e as nenas de Educación Infantil escoitaron un conto sobre unha pequena chamada Paula a que lle custou bastante collerlle gusto as saborosas froitas. Disfrutaron tanto da historia que vola queren RECOMENDAR
Hoxe alumnado e profesorado do Coutada puxemos en marcha o proxecto "Un mes, unha froita". Seguindo a liña do curso pasado, tentaremos aumentar a inxesta de froita para estar máis fortes e saudables. Nos meses de febreiro e maio recibiremos durante dez días FROITA FRESCA GRATUÍTA do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), pero mentras non chega Fresquiña, a nosa mascota, proporá cada mes unha froita para que tod@s a disfrutemos na hora do recreo. Empezamos pola MAZÁ...A POR ELA!