Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

2ª CAMPAÑA RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

II Campaña de recollida solidaria de alimentos entregados ao banco de alimentos. O alumnado de 6º curso foron os que voluntariamente levaron o peso da campaña.

Agradecemos a todas as familias as aportacións realizadas.

Recibide un fraternal saúdo e que pasedes unhas BOAS FESTAS.

CEIP Coutada-Beade

            

O PERGAMIÑO VINDEL

O día 22 de xaneiro o alumnado do 3º curso fomos ao museo do mar, ver O PERGAMIÑO VINDEL.Esta obra está exposta por primeira vez aquí, na nosa cidade. FAI CLIC NA IMAXE PARA VER MÁIS.

Saída a Biblioteca Neira Vilas

Saída á biblioteca Neira Vilas

Hoxe foron de excursión a unha biblioteca pública de Vigo os nenos de 4º.

Aulas do pasado

 

Os nenos e nenas de cuarto fixemos unha saída ao museo Verbum-Casa das Palabras (avenida de Samil, 17) para ver unha exposición chamada “Aulas do pasado”.  Foi moi interesante coñecer  todos os elementos da época: pupitres, lousas, pizarríns, plumillas, mapas, tinteiros, ábacos, libros...

Gustounos moito usar os pizarríns e as plumillas, e descubrimos o papel calcante, un papel “máxico” que fai fotocopias.

 O mellor foi sentir por un momento que eramos alumnos e alumnas dunha escola pública de hai cincuenta anos e ata xogamos a xogos populares da época como o “Pasemisí”.

Foi unha saída moi didáctica xa que ademáis de aprender como estudaban os nosos avós e avoas aprendemos a valorar todas as vantaxes das que desfrutamos nas nosas escolas hoxe en día.

 

 

   

 

   

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut