Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Actuación do Coro Escolar

Actuación do Coro do CEIP Coutada-Beade para un excelente público.

Grazas a todos e a todas.

 

OBRADOIROS 1º TRIMESTRE

Achegámosvos, por fin, unha pequena mostra dos Obradoiros que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ofreceu neste 1º trimestre no noso colexio.

OBRADOIRO "O SOÑO DE ESTHER" (para os nenos e nenas de 2º A e B)

Baixo a idea de que os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achéganos esta e outras historias coas que poderemos aprender dun xeito divertido as vogais, puntos cardinais, os números e o amor pola nosa lingua.

A actividade leva asociado un taller de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que, facendo uso da imaxinación e a creatividade, o alumnado poderá trazar no aire vogais, letras e mesmo facer debuxos.

 

 

OBRADOIRO SOBRE TOPONIMIA (para os nenos e nenas de 5º A e B)

Ao longo de varias actividades aprendemos a identificar e diferenciar os topónimos dos antropónimos ou dos nomes comúns, descubrimos a grandísima riqueza toponímica que temos en Galiza e reflexionamos sobre os porqués deste feito. Identificamos a importancia dos topónimos como localizadores e, polo tanto, repasamos os topónimos da nosa realidade máis próxima: as parroquias de Vigo. A través delas descubrimos tamén que os topónimos teñen unha motivación na súa orixe e que a través deles podemos obter moita información sobre os lugares que nomean.

 

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS (para os nenos e nenas de 6º A e B)

A improvisación oral en verso, é dicir, as regueifas, como toda arte de improvisar, precisa dunhas habilidades innatas, mais isto non se pode traducir como imposibilidade de ensinanza, senón que se trata simplemente de ensinar a técnica.

Ademais, ensinar a regueifa, as súas técnicas, os seus recursos, os seus mecanismos e modos de creación, non só dará como resultado a aparición de novos improvisadores, senón que irá creando dende a base un público potencial, coñecedor e admirador desta arte.

 

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut