Skip to Content

XUÑO HERBEIRO

 

Xa estamos no mes de S. Xoán, xa empeza o verán. O mes no que as fogueiras e os ritos vencellados ao lume e a auga cobran importancia. Onde a sardiña molla o pan, e preparamos as nosas herbas de S. Xoán para lavarnos a faciana na mañanciña.

Onde empezan as vacacións e remata o curso. Boas vacacións por adiantado!

Se queredes coñecer máis dos ritos e costumes vencellados a este mes, premede na información adxuntada.


LETRAS GALEGAS 2024

O MAIO 2024

MAIO FLORIDO

Un novo mes! Estamos no mes no que as plantas reverdecen e a primavera triunfa, e isto merece, dende hai moitísimo tempo unha celebración especial, a festa dos Maios.

Nesta festa, propia de toda Europa, celebramos o apoxeo da primavera, o comezo do ano agrícola e o remate do inverno.

No colexio construimos o noso Maio figurado e bailamos con cantigas tradicionais típicas para esta ocasión.

Se queres saber máis sobre os Maios abre o enlace adxuntado.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut