Skip to Content

Convivencia

APRENDEMOS A CONVIVIR

ERROS MÁIS FRECUENTES NO USO DAS MÁSCARAS

Agora que voltamos ao cole recordade a importancia de facer un bo uso das mácaras.

#polatúaseguridade

#poladetodos

#consentidiño

 

 

Doazón de material

O CEIP Coutada-Beade aportou o seu gran de area doando material para os nosos sanitarios, luvas e plásticos de encuadernar, os cales servirán para realizar as másccaras protectoras.

Todos unicos contra o covid19.

CUESTIONARIO CONVIVENCIA últimos días!

ESTRATEXIA GALEGA PARA A CONVIVENCIA ESCOLAR 2015-2020 

No marco do Decreto 8/2015 e da Lei 4/2011 constituíuse en abril de 2015 o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa primeira tarefa foi a revisión e aprobación da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar 2015-2020 (educonvives.gal).

O primeiro eixe proposto para esta estratexia foi a diagnose do clima escolar da nosa comunidade para detectar os puntos fortes e febles e, en base a evidencias e datos de calidade, poder tomar decisión axeitadas.

Esta diagnose debe servir a un dobre propósito: informar a nivel global sobre a situación na comunidade e facilitar o traballo dos centros fornecéndoos dos datos pertinentes para a elaboración dos plans de Convivencia.

 

 

A este respecto, agora é o momento no que a comunidade educativa está chamada a participar, unha vez máis, deste plan estratéxico. Como? A través dun sinxelo cuestionario.

Posto que a Convivencia formámola todas e todos nós, a Dirección, o profesorado, o persoal non docente, o alumnado, e as familias; é moi importante que todos e todas cubramos a ENQUISA para a cal se vos entregou o código hai un par de semanas.

 

Trátase dun bloque de arredor de 20 preguntas breves que ocuparán un tempo aproximado de 10 minutos. É preciso deterse a ler as preguntas e respostar reflexivamente (os cuestionarios cubertos nun tempo menor non serán tidos en conta por entender que foron cubertos ao chou).

Lembrámosvos que para acceder a estes cuestionarios tedes que dirixirvos ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/ e seleccionar a enquisa correspondente (Familias), paso tralo cal deberedes introducir o código que se vos enviou.

Poida que vos apareza unha advertencia de seguridade, nese caso debedes proceder como se amosa no seguinte vídeo (desculpas pola calidade):


Se todos e todas colaboramos, o noso centro recibirá (de xeito totalmente anónimo) unha información MOI VALIOSA para saber da situación do mesmo no ámbito da convivencia e poder actuar en consecuencia facendo propostas de mellora. Ademais, participaremos dun plan estratéxico xeral a nivel da nosa Comunidade.


Lembrade que só se deberá cubrir un cuestionario por familia. Se algún ou algunha de vós perdeu a clave, pregámosvos nolo comuniquedes canto antes para ver a posibilidade de que a Unidade de Atención a Centros nos poida proporcionar unha nova.

NOVO PRAZO: ATA 24 DE MARZO

MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN!

Isto é importante para todos e todas nós.

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut