Skip to Content

O noso carballo

O noso carballo vai medrando. Aquí tedes o froito do noso traballo, para que todos nos concienciemos na importancia de ter nos nosos bosques árbores autóctonos.

 

 

Fai tres cursos, como consecuencia dos gravísimos incendios que sufrimos na nosa contorna, no centro decidimos recoller landras para darlles as distintas comunidades de montes para poder facer plantacións de árbores autóctonas.

 

Algunhas desas landras as utilizamos para plantalas en macetas, coidar delas e ver o seu crecemento. Así fixemos coa nosa arboriña.

 

Ese ano, adícabase o día das letras galegas ao escritor Manuel María, así que no curso de infantil, decidiron poñerlle a árbore ese nome.

 

Manuel María foi medrando e a finais do curso pasado, plantámolo no noso centro.

 

Aquí tedes o froito do noso traballo, para que todos nos concienciemos na importancia de ter nos nosos bosques árbores autóctonos.

 

Longa vida aos nosos carballos, ameneiros, vidueiros, castiñeiros, salgueiros,…

AdxuntoTamaño
IMG_20190920_131121.jpg38.72 KB


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

blog | by Dr. Radut