Skip to Content

Aliméntate ben, Paisaxe e sustentabilidade

Reparto da froita- Día 8: amorodos

Hoxe voltamos degustar unha das froitas preferidas no cole! Nesta ocasión, grazas aos nenos e nenas de 5ºB chegaron ás aulas os apreciados amorodos.

Reparto de froita- Día 7: pera conferencia.

Grazas ao alumnado de 6ºA por achegarnos hoxe ás aulas a froita do día! Esta vez: pera conferencia.

Reparto de froita- Día 6: banana

E tocoulle o turno aos nenos e nenas de. Grazas a eles e elas, hoxe descubrimos as diferenzas entre un plátano e unha banana

E, como era inevitable, moitos e moitas de nós lembrámonos dunha graciosa canción... Por aquí vola deixamosRisa

Reparto de froita- Día 5

Hoxe probamos as últimas clementinas da tempada grazas aos nenos e nenas de . Grazas!


Reparto de froita- Día 4: mazás Jonagored

E isto vai de adiviñas! Nesta ocasión os nenos e nenas de atoparon un orixinal xeito de achegar a froita ás aulas. Hoxe probamos a mazá Jonagored, unha variedade doce, de textura firme e crocante e de zume abundante, só de contárvolo xa se nos fai a boca auga! Mirade, mirade...

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut