Skip to Content

ENDL

PREMIOS SAMAÍN 2020

Un ano máis no que os alumnos e alumnas do CEIP Coutada Beade puxeron un listón moi alto para escoller ás cabazas gañadoras do Samaín 2020. Tras unha gran reflexión por parte dos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, as gañadoras deste atípico ano son...

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

SAMAÍN 2020

Un ano máis os alumnos e alumnas da escola sorpréndenos coas súas elaboradas cabazas do Samaín. Un auténtico luxo a compartir con tódola comunidade educativa do CEIP Coutada Beade.

Estade pendentes da nosa páxina web que nos vindeiros días publicaremos aos gañadores do "Concurso Dixital do Samaín 2020".

 

 

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

HOMENAXE ÁS LETRAS GALEGAS 2020

A presente semana, o CEIP Coutada Beade homenaxeou nas súas aulas a Don Ricardo Carballo Calero, autor ao que a Real Academia Galega concedeu as Letras Galegas 2020.

Debido á situación actual, as Letras Galegas 2020 pospuxéronse no mes de maio ao pasado 31 de outubro. Para este festexo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da escola elaborou o seguinte tríptico sobre a biografía de Don Ricardo.

 

 

Un saúdo, Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Letras Galegas 2020

Debido á situación actual, a Real Academia Galega pospón ao vindeiro 31 de outubro a celebración das Letras Galegas. Non obstante, dende o CEIP Coutada Beade queremos facer esta semana unha pequena homenaxe a Don Ricardo Carvalho Calero, autor ao que se lle adica as Letras Galegas 2020.

 

 

 

Esperamos que sexa do voso agrado. Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

CELEBRACIÓN DO MAIO

Estimadas familias, aí vén O Maio:

Este ano a celebración dos Maios non se poderá realizar polas circunstancias actuais, non obstante, podemos facer un pequeno percorrido de onde vén esta fabulosa tradición dos nosos antepasados.

O maio, coñecido polo mes florido, está relacionado coas festas do florecer. No mundo pagán estaba adicado a "Maia" como a nai terra e na cristiandade á "Virxe".

Nas Vísperas do 2 de maio, os nenos e nenas ían na procura de ramas, flores, bugallos, fiunchos...coa fin de preparar o seu maio á vez que ensaiban danzas e cantaban coplas.

Estas esculturas dos maios con forma cónica tradicionalmente son consideradas símbolos da terra fecundada que dará froitos, símbolos de vida. Ademais, resaltar que nesta celebración os cativos e cativas poden disfrazarse de "Neno/a-Maio" ou "Maio-Rei". 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro deixámosvos unha pequena lembraza dos nosos maios para que disfrutedes desta celebración. 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut