Skip to Content

ENDL

Proxecto: O Bosque.

 

Neste curso,  dentro do proxecto do bosque,  os nenos e nenas de primeiro traballamos o vocabulario sobre o carballo e as carballeiras.

 

Aprendemos distintas palabras para nomear as landras, os bugallos, toponímia sobre os carballos. Este vocabulario está recollido en distintas zonas de Galicia.

 

Aquí tedes as fotos do resultado deste traballo. Podedes velo no corrredor da nosa aula.

      

Xuizo ao MECO

Xuizo  ao Meco 2019

 

 

Aquí andamos Meco,

imos celebrar

o Entroido deste ano

e neste lugar.

 

Este ano desexamos

o noso bosque coidar,

non queremos máis incendios,

que as nosas árbores nos vaian arrebatar.

 

No bosque non podemos deixar lixo,

as bolsas que levamos, para a casa han de voltar,

se non coidamos do noso bosque,

non poderemos respirar.

 

Levas moito tempo Meco,

sen coidar das nosas fragas,

deixas que o eucalipto medre

e acabarán ardendo as nosas casas.

 

Queremos que os animais

medren felices entre carballos e castiñeiros,

os eucaliptos, Meco,

halos comer ti enteiros.

Por todos estes motivos

este Meco imos queimar

para que leve co lume

todo o que nos fai tanto mal.

 

 

 

 

 

Celebramos o Día de Rosalía

Hoxe, domingo 24 de febreiro, celébrase, como cada ano, o Día de Rosalía. Animados e animadas polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua do centro (EDNL) quixemos renderlle homenaxe cun dos poemas máis coñecidos de toda a literatura galega. Mirade que fermoso nos quedou:


 

Xogo das cantigas

 

 

Aquí temos outra cantiga que ten que ver cos nosos bosques.

 

Neste caso traemos unha cantiga dunha fermosa carballeira que hai no lugar de S. Xurxo de Sacos, no concello de Cotobade. Nela  está un cruceiro e unha capela na que todos os 5 e 6 de agosto celébrase unha afamada romaría.

 

Carballeiras como estas aínda quedan en Galicia. Fai uns cantos séculos,  plantáronse moitos carballos para poder construir os barcos das distintas armadas dos reis de España nos asteleiros de Ferrol.

 

Deste xeito,  as distintas parroquias tiñan a obriga de coidar e podar estas árbores. A madeira era aproveitada para  as distintas partes dos barcos, pero tamén para facer bocois, mobles, carbón, …

 

Aquí cerca da nosa parroquía, na parroquía de Matamá, había unha importante carballeira, que desgrazadamente co paso dos anos foise perdendo. Igual que pasou nas distintas parroquías de Vigo.

 

Foliada de Tenorio

 

Aquí vos deixamos a seguinte cantiga.

 

 É unha foliada, palabra que significa festa na que a xente reúnese para tocar, cantar e bailar, pero,  tamén, foliada úsase para designar un xénero musical parecido á xota (con un tempo máis pausado e unha parte instrumental e outra cantada, falando en termos moi xerais).

 

A foliada de Tenorio foi tocada por os recoñecidos Gaiteiros de Soutelo, con Avelino Cachafeiro, un dos gaiteiros máis prestixiosos na historia da nosa gaita.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut