Skip to Content

ENDL

Xogos Populares Maio- A Billarda

O 25 de maio celebramos o día da billarda. O alumnado de 2º e 3º ciclo puido aprender este xogo gracias á colaboración do campión nacional de billarda que veu ao noso centro a ensinarnos a historia, a regulamentación e o material co que xogaban os noso avós e avoas e que nesta zona coñeciamos polo nome de “o pateiro”.

 

  

 

  

 

LETRAS GALEGAS 2017

A continuación tedes un video do festival das LETRAS GALEGAS 2017 adicado este ano ao escritor CARLOS CASARES.

Disfrutádeo.

OS MAIOS

Un ano máis celebramos o Maio no noso centro, para recuperar esta festa que foi esmorecendo co paso dos anos.

Os rapaces e as rapazas de 6º e 5º encargáronse do fiúncho, 4º e 3º dos ovos e as flores máis grandeiras e 2º, 1º e Infantil, de facer preciosos colares de pampillos e margaridas.

O venres celebramos a festa cunha cantiga adicada á primavera e un baile arredor do Maio.

 

Xogos Tradicionais

O equipo de EDNL  pediu colaboración ás familias para que fixeran un traballo de recopilación dos xogos tradicionais aos que eles xogaban cando  eran pequenos. Estes  traballos están expostos no corredor de primaria para que tod@ poidades ver como eran e como son estes xogos.

Con estes traballos faremos un libro que teremos nas biblioteca e que poderemos consultar para saber máis da nosa cultura popular.

       

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut